Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de marzo de 1999, acordou a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento urbanístico do Concello de Santiso, o que se fai público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiso, 25 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado