O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de marzo de 1999, acordou a aprobación definitiva do proxecto do Plan especial de protección das illas do río Ulla e da paisaxe circundante, o que se fai público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere precedente.
Santiso, 25 de marzo de 1999.
O alcalde
Rubricado