Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO.

O Concello de Mazaricos, na sesión plenaria do día 26 de marzo de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias de planeamento no cuarteirón Monte Sino, no núcleo urbano da Picota, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas e as entidades interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que xulguen procedente.

Mazaricos, 29 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado