Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.A. 4 Canteira. (Expediente 3571/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 21 de setembro, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da U.A. 4 Canteira, formulado pola entidade Consejeros Económicos, S.L., conforme a documentación presentada o 23 de marzo de 1995 e 28 de febreiro de 1998 e redactada polo arquitecto Xosé A. Comesaña García.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 22 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo