Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: Relectrif. en Meilán (I e II fase). L.M.T. Deriv. a C.T. Vilar (Lugo).
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. Vilar de 510 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón ou metálicos en conductor LA-56.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 8 de marzo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo