Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/78-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Raíndo-Piñeiro.

Situación: Trazo.

Descricións técnicas:

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 448 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Viaño Pequeno (expediente 2495) e remate no C.T. Piñeiro, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Piñeiro, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 960 m de lonxitude, discorrendo polo lugar. Trazo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña