Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Carballido, concello de Vilalba, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 4873 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Trazado, datos básicos e localización: liña de media tensión a C.T. de Fraga con orixe na L.M.T. a C.T. de Carballido e final no C.T.I. de Fraga cunha lonxitude de 1.250 m. Liña de media tensión ó C.T. de Lamelas con orixe na L.M.T. ó C.T. de Fraga e final no C.T.I. de Lamelas, cunha lonxitude de 572 m. Liña de media tensión ó C.T. de Pombeiro con orixe na L.M.T. ó C.T. Fraga e final no C.T.I. de Pombeiro cunha lonxitude de 374 m. Liña de media tensión ó C.T. de Carballido, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Carballido e final no C.T.I. de Carballido cunha lonxitude de 19 m. Liña de media tensión ó C.T. de Campelos, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Carballido e final no C.T.I. de Campelos, cunha lonxitude de 10 m (estarán executadas en conductor LA-56, sobre apoios de formigón e torres metálicas tipo. Centro de transformación de Fraga de 50 kVA. Centro de transformación de Lamelas de 50 kVA. Centro de transformación de Pombeiro de 100 kVA. Centro de transformación de Carballido de 50 kVA.

Centro de transformación de Campelos de 50 kVA. (Serán do tipo intemperie sobre unha torre metálica).

Redes de baixa tensión. Estarán feitas en conductores illados R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 9.600 m.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa das sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Reelectrificación de Carballido (Vilalba)

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

L.M.T.

ó C.T.I.

de

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoPropietarioEnderezomLonxitude(m)m

Fraga15PodrésMonte altoFernando Portela FernándezAvda. Cantabria, 38-1º C, 28042 Madrid2130480

Pombeiro9LiñeirasLaborFernando Portela FernándezAvda. Cantabria, 38-1º C, 28042 Madrid30480