Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 24 de marzo de 1999 polo que se notifica a emenda de defecto de representación na reclamación económico-administrativa 791-LU 98/4, interposta por Ángel Arranz Hernández en representación de Transdespa, S.A.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da emenda de defecto de representación na reclamación económico-administrativa interposta por Ángel Arranz Hernández en representación de Transdespa, S.A. (enderezo: Embajadores, 274; 28045 Madrid), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas.

Esta secretaría examinou o seu escrito de reclamación, resultando que a representación coa que actúa non está acreditada na forma que sinala o artigo 33 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo (BOE nº 72, do 23 de marzo).

Por iso, e de conformidade co artigo 34 da citada norma, concédeselle un prazo de dez días, contados desde esta publicación, para emenda-lo mencionado defecto, advertíndolle que de non facelo así o seu escrito quedará sen curso.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal