Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.770

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de marzo de 1999 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 66, do 8 de abril de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.997, Concello de Caldas de Reis (Pontevedra), no apartado de baremo, méritos específicos. 2. Perfeccionamento e especialización profesional onde di: «Realización de teses de doutoramento, traballos monográficos, publicacións sobre orzamentos e facendas locais, contabilidade pública, urbanismo, informática aplicable á contabilidade local, xestión de empresas, ata 0,75 puntos», debe suprimirse o termo urbanismo.

-Na páxina 3.999, Concello de Corcubión, no apartado nivel de complemento de destino, debe engadirse 18.

-Na mesma páxina, Concello de Corcubión, no apartado complemento específico, debe engadirse 1.890.576.

-Na páxina 4.001, Concello do Porriño (Pontevedra). Vocais, un representante da Comunidade Autónoma (que designará a Xunta de Galicia), onde di: «suplente: Castor Conde Baledo», debe dicir: «suplente: Castor Conde Balado».

Así mesmo, deben incluírse na listaxe de vacantes as seguintes:

Concello de Valga.

Secretaría de 2ª

Entidade: Concello de Valga.

Posto: secretaría.

Clase: segunda.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel complemento destino: 22.

Complemento específico: será determinado polo Pleno da Corporación no seu día.

Baremo.

Méritos específicos:

a) De acordo co establecido nos artigos 20.2º do R.D. 731/93, e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/88, do 21 de xuño, da Comunidade Autónoma galega, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento de galego, expedidos pola Direc

ción Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ou outro centro oficial autorizado para impartilos.

b) Coñecemento e aplicación dos sistemas e procesos informáticos de xestión administrativa e contable, con especial referencia ás aplicacións existentes no Concello de Valga: 3,5 puntos.

c) Desempeño de postos de traballo en concellos con empresas mixtas constituídas para o desenvolvemento de actividades de servicio público ou interese xeral, cun mínimo dun ano: 2,5 puntos.

d) Experiencia en traballo na empresa privada, en posto vinculado, fundamentalmente, á xestión de recursos humanos, cun mínimo de dous anos: 1,5 puntos.

Puntuación mínima:

A puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% do total acadable pola suma de méritos xerais e específicos.

Acreditación de méritos e condicións:

Os méritos especificados nas alíneas c) e d) da base 2ª acreditaranse con certificación do traballo desenvolvido, con indicación expresa do tipo e actividade da empresa.

Os méritos relativos á alínea b) da devandita base 2ª acreditaranse mediante memoria analítica dos temas de referencia, cunha extensión mínima de 20 folios mecanografados ou impresos por medios informáticos a 1,5 espacios de interliñado.

Entrevista persoal:

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal celebrará entrevista persoal, precedendo citación ós interesados, con indicación de data, hora e lugar para a súa celebración.

Non se prevén pagamentos polos gastos de desprazamento para a realización, se é o caso, destas entrevistas.

Intervención de 2ª

Entidade: Concello de Valga.

Posto: intervención.

Clase: segunda.

Subescala: intervención.

Categoría: entrada.

Nivel complemento destino: 22.

Complemento específico: será determinado polo Pleno da Corporación no seu día.

Baremo.

Méritos específicos:

a) De acordo co establecido nos artigos 20.2º do R.D. 731/93, e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/88, do 21 de xuño, da Comunidade Autónoma galega, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento de galego, expedidos pola Direc

ción Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ou outro centro oficial autorizado para impartilos.

b) Coñecemento da aplicación dos sistemas e procesos informáticos de xestión administrativa e contable, con especial referencia ás aplicacións existentes no Concello de Valga: 3,5 puntos.

c) Desempeño de postos de traballo da intervención en concellos con empresas mixtas constituídas para o desenvolvemento de actividades de servicio público ou interese xeral, cun mínimo dun ano: 2,5 puntos.

d) Experiencia en traballo na empresa privada, en posto vencellado, fundamentalmente, a xestión de contabilidade e asesoramento financeiro, cun mínimo de dous anos: 1,5 puntos.

Puntuación mínima:

A puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% do total acadable pola suma de méritos xerais e específicos.

Acreditación de méritos e condicións:

Os méritos especificados nas alíneas c) e d) da base 2ª acreditaranse con certificación do traballo desenvolvido, con indicación expresa do tipo e actividade da empresa.

Os méritos relativos á alínea b) da devandita base 2ª acreditaranse mediante memoria analítica dos temas de referencia, cunha extensión mínima de 20 folios mecanografados ou impresos por medios informáticos a 1,5 espacios de interliñado.

Entrevista persoal:

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal celebrará entrevista persoal, precedendo citación ós interesados, con indicación de data, hora e lugar para a súa celebración.

Non se prevén pagamentos polos gastos de desprazamento para a realización, se é o caso, destas entrevistas.

Tribunais

Secretaría de 2ª

Presidente:

Titular: José María Bello Maneiro, alcalde do Concello de Valga.

Suplente: Román Castro Castromán, 1º tenente de alcalde do Concello de Valga.

Vocais:

Titular: un representante designado pola Xunta de Galicia.

Suplente: un representante designado pola Xunta de Galicia.

Titular: José Ángel Souto Jamardo, concelleiro de Réxime Interior.

Suplente: José Senín Bello, concelleiro do Concello de Valga.

Titular: Luis Nieto Lago, secretario do Concello de Curtis.

Suplente: Elias Vázquez Puente, secretario do Concello de Padrón.

Titular: José Juan Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Luis Sabariz Rolan, interventor-tesoureiro do Concello de Sanxenxo.

Intervencións de 2ª

Presidente:

Titular: José María Bello Maneiro, alcalde do Concello de Valga.

Suplente: Román Castro Castromán, 1º tenente de alcalde do Concello de Valga.

Vocais:

Titular: un representante designado pola Xunta de Galicia.

Suplente: un representante designado pola Xunta de Galicia.

Titular: José Ángel Souto Jamardo, concelleiro de Réxime Interior.

Suplente: José Senín Bello, concelleiro do Concello de Valga.

Titular: Luis Nieto Lago, secretario do Concello de Curtis.

Suplente: Elías Vázquez Puente, secretario do Concello de Padrón.

Titular: José Juan Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Luis Sabariz Rolan, interventor-tesoureiro do Concello de Sanxenxo.

Secretario: Carlos A. García Novio, secretario do Concello de Valga.