Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 24 de marzo de 1999 polo que se notifica a resolución da reclamación económico-administrativa 768-PO 98/3, interposta por Severino Arias Álvarez.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da resolución correspondente á reclamación económico-administrativa interposta por Severino Arias Álvarez (domicilio: Rúa Calvo Sotelo, 17; 36900, Marín, Pontevedra), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas.

De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que na reunión con data do 3 de novembro de 1998, o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia resolveu a reclamación nº 768-PO 98/3 interposta por Severino Arias Álvarez. Esta resolución estará á disposición do interesado nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1ª planta, Dirección Xeral de Tributos).

Esta resolución esgota a vía económico-administrativa e contra ela poderá interpor recurso perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal