De acordo co previsto no artigo 117 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e
presupostario de Galicia, dáselle publicidade ó estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e ás súas modificacións, e a situación de tesourería e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ó cuarto trimestre de 1998, que figuran como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda