Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de mobles.

Vista a acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo do sector do comercio de mobles, da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-2-1999, na que se acordou con data do 23-2-1999 a revisión salarial para 1999, consonte co disposto nos artigos 9 e 10 do citado convenio colectivo, esta delegación provincial, de conformidade co sinalado no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial anexa do convenio colectivo de traballo provincial para o sector do comercio de mobles de Pontevedra

Vixencia do 1-1-1999 ó 31-12-1999

CategoríaSalario mensual

Grupo I
Encargado88.210
Viaxante87.341
Dependente87.773
Axudante de dependente86.905
Traballadores en formación (por 30 horas semanais de traballo efectivo)53.557

Grupo II
Oficial administrativo87.773
Auxiliar administrativo86.810
Aspirante86.905
Auxiliar de caixa87.341

Grupo III
Delineante87.773
Profesional de oficio de 1ª87.773
Profesional de oficio de 2ª87.341
Mozo especializado86.990
Mozo86.905

Os conductores percibirán o salario correspondente ás categorías de profesional de oficio de 1ª ou 2ª, de acordo co seu carné de conducir.

Vigo, 23 de febreiro de 1999.