Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo relativo ó convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o texto do acordo relativo ó convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, asinado o dia 1 de febreiro de 1999, pola comisión deliberadora integrada pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e polas centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CC.OO., USO, e FCM-CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de

maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de marzo de 1999.

(Dto. 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

Acta

Asistentes.

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Luis Castro Varela.

Por FECOMA-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Por USO:

Mª del Carmen Arias Río.

Por FCM-CIG:

Iñaki García Gómez.

Xosé Manuel Seixas Ares

Carmen Antas Pérez.

Representatividade no sector:

Convenio de comercio de materiais da construcción e saneamento.

Por MCA-UGT: 27,3 % de representación.

Por FECOMA-CC.OO.: 45,5 % de representación.

Por USO: 18,2 % de representación.

Por FCM-CIG: 9,1 % de representación.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel González-Zaera González.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o día 1 de febreiro de 1999, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio de comercio de materiais da construcción e saneamento, con obxecto de tratar sobre o calendario laboral para

o ano 1999; e así mesmo dar cumprimento ó establecido no artigo 20.2º do convenio provincial de comercio de materiais da construcción e saneamento.

Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

1. Para o ano 1999 e co fin de adapta-la xornada anual ás 1760 horas que establece o convenio xeral do sector, establécense os seguintes días de descanso:

-Catro horas correspondentes á xornada de tarde do día 24 de decembro e a xornada completa do día 31 de decembro.

-Ademais dos días anteriormente sinalados, os traballadores disporán de 6 días de descanso, de libre disposición entre empresa e traballador, e ámbalas partes terán que porse de acordo para o seu desfrute, de forma que permita mante-la atención ó público en cada establecemento.

2. O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio, comprendido entre o 1-1-1999 ata a entrada en vigor do convenio que se pacte para o ano 1999, terá dereito a percibir como atrasos o 1,8% sobre a táboa de retribucións que figura no anexo I do convenio provincial de comercio de materiais da construcción e saneamento do ano 1998.

3. Faculta-la asesora da representación empresarial, Pilar Díaz Rodríguez, para efectos de presenta-los acordos que anteceden na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu depósito e publicación no BOP e no DOG.

E, en proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data indicados no encabezamento.