Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo relativo ó convenio colectivo de ámbito provincial para o sector dos materiais e prefabricados da construcción.

Visto o texto do acordo relativo ó convenio colectivo para o sector dos materiais e prefabricados da construcción (código 2700395), da provincia de Lugo, asinado o dia 1 de febreiro de 1999, pola comisión deliberadora integrada pola Asociación Provincial de

Empresarios da Construcción (APEC) e polas centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CC.OO., USO, e FCM-CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de marzo de 1999.

(Dto. 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

Acta

Asistentes.

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

Luis Castro Varela.

Por FECOMA-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO:

Mª del Carmen Arias Río.

Por FCM-CIG:

Iñaki García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representatividade no sector:

Convenio de materiais e prefabricados da construcción.

Por MCA-UGT: 45,9 % de representación.

Por FECOMA-CC.OO.: 24,3 % de representación.

Por USO: 5,4 % de representación.

Por FCM-CIG: 21,6 % de representación.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel González-Zaera González.

Silvano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, ás 20 horas do día 1 de febreiro de 1999, reúnense os representantes das centrais sindicais e da representación patronal de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio provincial de materiais e prefabricados da construcción, con obxecto de tratar sobre o calendario laboral publicado no BOP nº 9 do 13 de xaneiro de 1999; e así mesmo dar cumprimento ó establecido no artigo 19.2º do convenio provincial de materiais e prefabricados da construcción.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

1. Considerar para o ano 1999 como non laborable a xornada de tarde do día 17-12-1999, que por omisión non se reflectiu na acta do 10 de decembro, publicada no BOP nº 9 do 13 de xaneiro do ano que corre, aínda que xa aparece descrita como inhábil na táboa do calendario laboral.

2. O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio, comprendido entre o 1-1-1999 ata a entrada en vigor do convenio que se pacte para o ano 1999, terá dereito a percibir como atrasos o 1,8% sobre a táboa de retribucións que figura no anexo I do convenio provincial de materiais e prefabricados da construcción do ano 1998.

3. Faculta-la asesora da representación empresarial, Pilar Díaz Rodríguez, para efectos de presenta-los acordos que anteceden na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu depósito e publicación no BOP e no DOG.

E, en proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data indicados no encabezamento.