Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo relativo ó convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e das obras públicas.

Visto o texto do acordo relativo ó convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, asinado o dia 1 de febreiro de 1999, pola comisión deliberadora integrada pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e polas centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CC.OO., USO, e FCM-CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de marzo de 1999.

(Dto. 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

Acta

Asistentes.

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

Luis Castro Varela.

Por FECOMA-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO:

Mª del Carmen Arias Río.

Por FCM-CIG:

Iñaki García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representatividade no sector:

Convenio de edificación e obras públicas.

Por MCA-UGT: 36,3 % de representación.

Por FECOMA-CC.OO.: 31,7 % de representación.

Por USO: 10,5 % de representación.

Por FCM-CIG: 17,3 % de representación.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel González-Zaera González.

Silvano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, ás 20 horas do día 1 de febreiro de 1999, reúnense os representantes das centrais sindicais e da representación patronal de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio provincial de edificación e obras públicas, co obxecto de adoptar acordos respecto ó calendario laboral publicado no BOP nº 10 do 14 de xaneiro de 1999; e así mesmo dar cumprimento ó establecido no artigo 22.2º do convenio provincial de edificación e obras públicas.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

1. Considerar para o ano 1999 como non laborable a xornada de tarde do día 17-12-1999, que por omisión non se reflectiu na acta do 10 de decembro, publicada no BOP nº 10 do 14 de xaneiro do ano que corre, aínda que xa aparece descrita como inhábil na táboa do calendario laboral.

2. O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio, comprendido entre o 1-1-1999 ata a entrada en vigor do convenio que se pacte para o ano 1999, terá dereito a percibir como atrasos o 1,8 % sobre a táboa de retribucións que figura no anexo I do convenio provincial de edificación e obras públicas do ano 1998.

3. Faculta-la asesora da representación empresarial, Pilar Díaz Rodríguez, para efectos de presenta-los acordos que anteceden na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu depósito e publicación no BOP e no DOG.

E, en proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data indicados no encabezamento.