Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Casino de La Toja, S.A.

Vistas as actas das reunións mantidas pola representación económica e o comité de empresa de Casino de La Toja, S.A., con datas do 9 e 10 de febreiro de 1999, que tiveron entrada nesta delegación provincial o día 22-2-1999, nas que se adoptaron acordos relativos a efectos económicos para 1998, modificación das categorías, niveis e funcións correspondentes ó grupo profesional sala de xogo e novo reparto das propinas de caixa e recepción, en relación co convenio colectivo da devandita empresa (publicado no DOG nº 36, do 21-2-1997), esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta (acordo).

Na illa da Toxa, sendo as 0 horas e 30 minutos do día 9 de febreiro de 1999, reúnense, na sala de xuntas de Casino de la Toja, S.A., as persoas que a seguir se citan, na representación que cada un ten, e recoñécense mutuamente a capacidade legal para levar a cabo este acto.

Representantes:

-Representación empresarial: José Miguel Morillo González, Manuel Bajo Parra e Francisco Luna López.

-Representación legal dos traballadores (comité de empresa): Francisco Prieto Prol, José Manuel Prol Meis, José Quevedo Merino, José Antonio Taboada Magdalena, Ramón Otero Fontán, Manuel Pérez Seoane, José Diego Portela Torres, Juan García Otero e Santiago Aldazábal Gómez.

Traballadores afectados:

-Caixa: Carmelo Bea Gondar, Santiago Aldazabal Gómez, Manuel Balsa Estébañez, Norberto Abilleira Pesqueira, José Luis Pérez Seoane e David Gómez Domínguez.

Recepción e portería: María Elena Costal Fernández, Beatriz Torres Quiñones, María del Rocío Lero

nes Marcos, Manuel Martínez Abalo e Manuel Castro Porto.

Orde do día.

Estudio e aprobación, se procede, dun novo reparto das propinas de caixa e recepción.

Despois dun amplo debate, acórdase:

1. Independentemente de todo o expresado respecto a propinas, definicións, distribución, reparto e porcentaxes, recollidas no artigo 40 e anexos nº 2 e nº 6 do vixente convenio colectivo, as propinas xeradas en recepción (recepción e portería) e caixa, que inicialmente serán contabilizadas no tronco de propinas coas anotacións correspondentes no libro oficial, serán segregadas do dito tronco de propinas na súa totalidade, co fin de repartilas na súa integridade por partes iguais, as de caixa entre o persoal de caixa e as de recepción entre o persoal de recepción (recepción e portería) sen que a empresa teña nelas ningunha participación, nin estarán afectadas polos acordos do 21 de xuño de 1995 e 5 de decembro de 1996 e ás que se lles aplicarán as deduccións legais o mesmo ca no resto das propinas e incluiranse nas correspondentes nóminas. A totalidade das deduccións dimanantes dos acordos antes mencionados serán detraídas do resto do tronco de propinas (as procedentes das mesas de

xogo).

2. Efectos e vixencia deste acordo: este acordo forma parte do convenio colectivo da empresa e remitirase á autoridade laboral para a súa aplicación e rexerá a partir do día seguinte á data da súa sinatura. Ámbalas partes renuncian expresamente a presentar calquera tipo de reclamación, denuncia ou litixio, sobre recadación, reparto ou calquera outra circunstancia relacionada coas propinas de caixa e recepción referente a feitos ou circunstancias producidas en data anterior á sinatura deste acordo e comprométense a retirar e desistir de calquera reclamación ou denuncia que puidese encontrarse actualmente en curso sobre propinas.

En proba de conformidade co aquí estipulado asinan o presente acordo, en dous folios a unha soa cara, no lugar e data arriba indicado, sendo as 5 horas e 0 minutos.

Acta (acordo).

Na illa da Toxa, sendo as 16 horas e 30 minutos do día 10 de febreiro de 1999, reúnense, na sala de xuntas de Casino de La Toja, S.A., os que a seguir se relacionan, na representación que cada un ten, recoñecéndose mutuamente a capacidade legal para levar a cabo este acto.

-Representación legal dos traballadores (comité de empresa): Francisco Prieto Prol, José Manuel Prol Meis, José Quevedo Merino, José Antonio Taboada Magdalena, Ramón Otero Fontán, Manuel Pérez Seoane, José Diego Portela Torres, Juan García Otero e Santiago Aldazábal Gómez.

-Representación empresarial: José Miguel Morillo González, Manuel Bajo Parra e Francisco Luna López.

Orde do día.

Negociación do convenio colectivo.

Despois dun amplo debate e ante a dificultade que implica resolver tódalas cuestións obxecto de negociación, o que dará, sen dúbida, lugar a un longo proceso, decídese dar por rematada calquera reinvindicación de calquera das partes asinantes, referente a 1998, mediante a sinatura, con efectos só a partir do 1 de febreiro de 1999, do seguinte acordo.

1. A empresa aboará a cada traballador, mediante un pagamento único e non consolidable, unha cantidade equivalente ó resultado de aplica-lo IPC de 1998 sobre a masa salarial individual correspondente a 1998 e xaneiro de 1999 de cada traballador que se encontre de alta na empresa, na data da sinatura deste acordo e polo tempo que permanecese de alta durante 1998 e xaneiro de 1999. Estas cantidades extraeranse do tronco de propinas non repartible (tronco empresa) e engadiranse ó tronco de propinas repartible (anexo nº 2 do convenio colectivo), tendo a consideración de propina en sentido estricto, se ben o seu reparto acomodarase ó anteriormente expresado, todo isto por esta única ocasión, manténdose no futuro as porcentaxes e procedementos de reparto, establecidos no vixente convenio colectivo da empresa. Non se computarán, como masa salarial, as cantidades correspondentes a compensación de antigüidade trienios, artigo 33 do convenio colectivo, por ter este plus un crecemento

vexetativo.

2. Con efectos a partir do día 1 de febreiro de 1999 consolidarase na nómina de cada traballador afectado por este acordo, as cantidades que a seguir se describen e nos conceptos de nómina que se recollen:

Para os niveis 3, 4, 5, 6 e 7 calcularase o resultado de aplica-lo IPC de 1998, sobre os salarios base que figuran nas táboas de salarios base do convenio colectivo (en cómputo mensual) e a cantidade resultante engadirase ó chamado plus de convenio mensual de cada traballador en alta na sociedade, na data da sinatura deste acordo (artigo 31 do citado convenio colectivo). Para os niveis 8, 9, 10, 11 e 12 modificarase a táboa de salarios base, incrementándose o de cada nivel no que resulte de actualizalo polo IPC de 1998. Se algún dos traballadores destes niveis tivese recoñecida algunha porcentaxe de antigüidade porcentual, o corremento debido a este detraerase de calquera plus, sempre que non sexa o de complemento do salario base.

3. Acórdase modifica-las categorías, niveis e funcións correspondentes ó grupo profesional: sala de

xogo (anexo nº 1 do convenio colectivo) da seguinte forma:

a) O repetido grupo profesional, que no convenio figura con tres categorías (xefes de sección, xefes de unidade e croupiers) e 10 niveis retributivos, pasa, a partir da data da sinatura deste acordo, a contar con dúas categorías e 8 niveis retributivos, quedando da forma seguinte:

Grupo profesional: sala de xogo

CategoríaNiveisDenominaciónSalario/ano

Inspectores3Inspector de 1ª xefe mesa2.918.476

4Inspector de 2ª xefe mesa2.594.201

5Croupier de 1ª xefe mesa2.305.957

6Croupier de 2ª xefe mesa2.049.740

Croupiers7Croupier de 3ª1.863.400

8Croupier de 4ªModificar

9Croupier auxiliarModificar

10Croupier aprendizModificar

b) A categoría de inspectores (niveis 3 e 4) desenvolverá indistintamente e en todo momento as funcións de xefe de sección/xefe de sala e xefe de mesa. Na categoría de croupier, os niveis 5 e 6 (croupier de 1ª xefe de mesa e croupier de 2ª xefe de mesa) desenvolverán indistintamente e en todo momento as funcións de xefe de mesa e de croupier e os niveis 7, 8, 9 e 10 (croupier de 3ª ata croupier aprendiz) desenvolverán con carácter permanente tódalas funcións propias de croupier, e en pontes e temporada alta (do 1 de xullo ó 15 de setembro, Semana Santa e festa do Marisco) desenvolverán, indistintamente e en todo momento, as funcións de croupier e as de xefe de mesa. En resumo, as funcións de xefe de mesa son exercidas indistintamente en todo momento polos niveis 3, 4, 5 e 6 (para os niveis 3 e 4 coas de xefe de sector/xefe de sala e para os niveis 5 e 6 coas de croupier) e polos niveis 7, 8, 9 e 10 de igual maneira que para os niveis 5 e 6, pero só en temporada alta e pontes.

Vixencia e efectos deste acordo.

Este acordo, que forma parte do convenio colectivo da empresa e que se remitirá á autoridade laboral para a súa publicación, rexerá a partir da data da súa sinatura. Ámbalas partes renuncian expresamente a presentaren calquera tipo de reivindicación en materia de negociación do convenio colectivo referente a 1998 e, por tanto, a usaren calquera medio de presión neste sentido.

O aquí estipulado modifica só o establecido en determinados artigos do convenio colectivo. Os artigos 10 e 15, entre outros moitos, non se modifican.

En proba de conformidade co aquí estipulado asinan o presente acordo, en dous folios a unha soa cara, no lugar e data arriba indicado, sendo as 23 horas e 30 minutos.