Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector dos derivados do cemento.

Vista a acta da reunión da comisión deliberadora do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-2-1999, subscrita en representación da parte económica pola

Asociación Provincial de Derivados do Cemento e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, o día 18-2-1999, na que se acordou a revisión da táboa salarial para 1999, así como a actualización dos artigos 4.2º, 36.2º, 43 b) e anexo VII (calendario laboral) e a incorporación da devandita acta como anexo IX do citado convenio colectivo, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia de Pontevedra

Acta final de acordos convenio colectivo 1999.

En Vigo, o día 18 de febreiro de 1999, sendo as 19.30 horas e nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, reúnese a comisión deliberadora do convenio de derivados do cemento da provincia de Pontevedra para asina-las actualizacións das táboas e demais contidos do articulado do dito convenio para 1999. Asisten os representantes das partes que se indican a seguir:

Asistentes.

CC.OO.: Francisco Estévez Rodríguez.

Álvaro Oya Giráldez.

Jesús Oya Giráldez.

CIG: Xosé Xoán Melón González.

UGT: José Carlos Rodríguez del Río.

Manuel Veiga Maceira.

Guillermo Simón López.

Lourdes Diz Lorenzo.

Representación empresarial:

Manuel Vigo Giraldo (asesor).

Laureano Pérez.

Francisco García.

Manuel Vázquez.

Arturo Santos.

Luciano Covelo.

Claudio Silva Barbosa.

Lorenzo Sanmartín Alonso.

Miguel Duarte Tío.

Aberta a sesión, procédese a examina-lo texto do convenio de 1998, acordándose que en relación con el e por aplicación do previsto no acordo económico sectorial estatal de derivados do cemento para os anos 1998-1999 e 2000 e, en especial, no relativo ós contidos dos artigos 4 e 5, as actualizacións e modificacións das táboas salariais e contidos do texto que seguen:

1. Actualízanse as táboas salariais para 1999 co incremento do 2,2%. Analizadas as táboas actualizadas, encóntranse conformes.

2. Mantendo a duración, vixencia e efectos do convenio previstos no artigo 4 ata o 28 de febreiro do ano 2001, actualízase o referendo das datas que figuran no parágrafo segundo do citado artigo 4 no seguinte sentido, onde di: «...a duración do presente convenio será dun ano, desde o 1 de marzo de 1998 ata o 28 de febreiro de 1999...», deberá dicir: «...a duración do presente convenio será dun ano, desde o 1 de marzo de 1999 ata o 28 de febreiro do 2000...».

3. Así mesmo, actualízase o parágrafo segundo do artigo 36 nos seguintes termos, onde di: «O presente acordo será de aplicación exclusivamente para o ano 1998.», deberá dicir: a «O presente acordo será de aplicación exclusivamente para o ano 1999».

4. Actualízase a alínea b) do artigo 43 nos seguintes termos, onde di: «... cuarto ano de vixente 4.750.000 ptas...», deberá dicir: «...cuarto ano de vixencia (1-3-1999 a 28-2-2000 4.750.000 ptas.)...».

5. Actualízase o anexo VII (calendario laboral).

6. Acórdase, finalmente, proceder á asina-las táboas de salarios actualizadas e acórdase, así mesmo, incorpora-la presente acta como anexo IX ó texto do convenio de 1998, que se ten por reproducido salvo nas modificacións acordadas.

7. Manifesta a súa desconformidade cos acordos precedentes, e por tanto non os subscribe polas mesmas razóns xa recollidas no seu día na acta final do convenio do 1996-1997 o representante da central sindical CIG.

E non habendo máis asuntos de que tratar, levántase a sesión ás 20 horas e acórdase a remisión á autoridade laboral das táboas e a presente acta para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP e DOG.

Táboa salarial para o ano 1999. Convenio colectivo provincial derivados do cemento

(A duración da presente táboa será dun ano desde o 1-3-1999 ata o 28-2-2000)

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extraordinariasR.A. (2)

ConvenioNon salarialXulloNadal

1Persoal titulado superior237.186783522212.097212.0973.270.422

3Persoal titulado medio. Xefe Administr.201.400668522180.095180.0952.776.995

4Xefe persoal. Axte. obra encargado xeral de fábrica168.366589522150.558150.5582.321.512

5Xefe Admtvo. 2ª. Delineante superior. Encargado xeral obra. Xefe sección. Xefe obra151.677522522135.633135.6332.091.390

6Oficial Admtvo. 1ª. Delineante 1ª. Xefe Enc. taller ou labor141.423491522126.459126.4591.949.385

7Delineante 2ª. Viaxante. Capataz. Especialista de oficio133.683473522119.567119.5671.843.338

8Oficial Admtvo. 2ª. Oficial 1ª oficio125.985439522112.656112.6561.737.132

9Auxiliar Admto. Oficial de 2ª de oficio122.165426522109.239109.2391.684.454

10Aux. laboratorio. Vixilante. Almaceneiro. Cobrador. Axudante de oficio. Especialista 1ª118.332417522105.801105.8011.631.588

11Especialista de 2ª. Peón especializado114.588404522102.352102.3521.579.756

12Muller limpeza. Peón corrente112.473385522100.576100.5761.550.830

13 (1)Traballador con contrato formativo segundo ano 95% de 103.209306522103.209103.2091.670.974

14 (1)Traballador con contrato formativo primeiro ano 85% de 103.599286522103.599106.5991.670.974

(1) Os valores dos distintos conceptos que figuran nos niveis e columnas referenciados correspóndense cos correspondentes á remuneración bruta anual do nivel IX do convenio colectivo xeral. Nestes niveis e na columna R.A. xa están incluídos os complementos de convenio e non salarial.

(2) Na columna R.A. sumaranse os 12 meses de salario máis as dúas pagas extraordinarias. Para calcula-la retribución total anual deberanse sumar tanto as gratificacións de convenio e a extrasalarial, como a antigüidade consolidada, se é o caso.

Axudas de custo: con pernoita 5.391 ptas. Sen pernoita: 3.108 ptas.