Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes P-86/98 e tres máis, incoados por infracción á Lei de pesca fluvial e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70, 1ª planta.

ANEXO

-Expediente Nº: P-86/98.

Denunciado: Javier Pérez García.

DNI: 34.225.673

Enderezo: r/Pescadería, 8-2º, Betanzos, A Coruña.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó capturar catro troitas de tamaño inferior; feitos constatados o 19-3-1998, no Rego de Roxán-Palas de Rei.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa e 6.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

-Expediente Nº: P-135/98.

Denunciado: César Martínez Folgueira.

DNI: 33.311.708

Enderezo: r/Lamas de Prado, 103-1º D, Lugo.

Feito denunciado: pescar no río Lea, preto da ponte da estrada que une Mos e Matodoso, sen estar en posesión da licencia de pesca en vigor, o día 24-4-1998.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade desde que a resolución sexa firme por período dun ano.

-Expediente Nº: P-201/98.

Denunciado: Pedro Quintas Fernández.

DNI: 15.340.501

Enderezo: r/Alejandro Pedrosa, 50-1º, Ourense.

Feito denunciado: pescar cebando as augas con fins de pesca, empregando penso, o día 21-6-1998, no río Miño, encoro de Belesar-Taboada.

Precepto sancionador: artigo 34.14º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade desde que a resolución sexa firme por período dun ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción, están depositadas nesta delegación provincial.

-Expediente Nº: P-207/98.

Denunciado: Artur Evanjelista Rodríguez.

DNI: OR.007.272

Enderezo: Monte Penamá, Ourense.

Feito denunciado: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca, o día 28-6-1998, no río Miño, marxe dereita, encoro de Belesar-Chantada.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade desde que a resolución sexa firme por período dun ano.

Artes comisadas: devolución logo de aboamento da sanción, están depositadas na oficina de Seprona en Monforte de Lemos, Lugo.

Lugo, 10 de marzo de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo