Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-86/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondientes expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11-7-1997).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral de Medio Ambiente da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: C-86/98.

Denunciado: José Antonio Tella Seijas.

DNI: 33.331.872

Enderezo: r/Monforte, 16-3º Esq., Lugo.

Feitos imputados: portar medios dispostos para a caza (escopeta cargada cun cartucho na recámara e dous no depósito) nun vehículo marca Renault, modelo Mégane, matrícula LU-5400-U, en horas prohibidas, o día 21-11-1998, no couto de caza LU-10.295.

Preceptos infrinxidos: 58.1º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 200.000 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de caza durante dous anos, así como retirada desta.

Lugo, 10 de marzo de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo