Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, por la que se autoriza a instalación dunha planta de xeración eléctrica a partir de residuos Marpol, tipo C urbanos á empresa Portvigo, S.L., no municipio das Somozas (A Coruña) e se inclúe esta no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do R.D. 2818/1998. (Expediente 98/492).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Portvigo, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Cánovas del Castillo nº 4, 2º, 36202 Vigo (Pontevedra), no que se solicita a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se instalará no municipio das Somozas, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 13 de novembro de 1997, a empresa Portvigo, S.L., adxudicataria do contrato para a xestión do servicio portuario de recollida de lixos e da recepción de residuos sólidos e líquidos oleosos procedentes de buques, plataformas e outras instalacións fixas situadas no mar, nos portos competencia do ente público Portos de Galicia, solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para unha planta de xeración eléctrica a partir de residuos oleosos Marpol tipo C e gasóleo nun 10%, que se instalará no municipio das Somozas. Xúntase á devandita solicitude a preceptiva memoria resumo das instalacións, a autorización do organismo competente para o uso de residuos como combustible e o resto da documentación a que fai

referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

Segundo.-Con data do 29 de maio de 1998, a citada empresa solicitou a autorización administrativa da planta de xeración eléctrica; xúntase á dita solicitude o preceptivo anteproxecto a que fai referencia o artigo 8 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto no punto segundo da disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

Terceiro.-As características básicas da planta de xeración eléctrica prevista serán as seguintes:

-Vinte grupos motor-xerador, alimentados con combustible derivado de residuos oleosos e gasóleo nun 10%, de 1.050 kW c/u.

-Instalacións de almacenamento e tratamento dos residuos Marpol tipo C e os lubricantes procedentes de barcos.

-Catro transformadores de potencia, r/t 30/.,66 kV, de 6,25 MVA.

-Un transformador para servicios auxiliares, r/t 0,66/0,4 kV, de 1 MVA.

-Instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e complementarias de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Cuarto.-De conformidade co establecido no citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 18 de agosto de 1998, pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 14-9-1998 e no BOP da Coruña do 16 de setembro, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Quinto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Sexto.-Con data do 25 de novembro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dictou resolución pola que se autoriza a instalación dunha planta de tratamento de residuos líquidos oleosos Marpol tipo C procedentes de buques e a súa transformación en combustible ecolóxico enviroil (s.g.), nas Somozas (A Coruña) á empresa Portvigo, S.L.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de xeración eléctrica a partir de residuos oleosos Marpol tipo C e gasóleo nun 10%, á empresa Portvigo, S.L., que se situará no termo municipal das Somozas, na provincia da Coruña.

Segundo.-Recoñecerlle á citada instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo c.3) do Art. 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir definitivamente esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de dous anos a partir da notificación desta resolución, para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da devandita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria.

En contra desta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria