Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 321/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 220 kV de 26,721 km (19,450 km ata o entronque coa liña Mesón-Santiago II e 7,271 km desde o dito punto ata a subestación de Santiago II), nos termos municipais de Noia, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela. O trazado da liña é o xa existente, tanto no tramo que se modifica (de 66 a 220 kV) coma no tramo que aproveita o segundo circuíto dispoñible da liña Mesón-Santiago II, modificándose unicamente a saída da subestación Tambre II. As características son: sistema corrente alterna trifásica. Frecuencia: 50 Hz. Tensión nominal: 220 kV. Tensión máis elevada: 245 kV. Potencia máxima de transporte: 307 MW. Número de conductores por fase: 1. Tipo de conductor: Cóndor. Número de cables de terra, 1, e de tipo OPGN. Apoios metálicos de celosía no primeiro tramo de simple circuíto disposto en liña e no segundo tramo de dobre circuíto en hexágono ata a entrada á subestación de

Santiago II, onde se utilizarán de triple circuíto. (Expediente 321/1998) por resolución da Dirección Xeral de Industria, con data do 24 de febreiro de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días que a continuación se indican, para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Ames, Brión, Lousame e Noia, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia e no BOP, ambos con data do 2 de outubro de 1998, e no xornal El Correo Gallego, con data do 18 de setembro de 1998, actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles día e hora de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas do concello.

Días e horas acordados:

-Día 3 de maio de 1999.

Concello de Brión:

Ás 10.30 horas, predio número: 346-A.

Concello de Lousame:

Ás 11.30 horas, predio número: 108.

Concello de Noia:

Ás 13 horas, predio número: 74.

-Día 4 de maio de 1999.

Concello de Noia:

A partir das 11 horas, predios números: 2, 3, 6, 7 e 8.

A partir das 12 horas, predios números: 9, 11, 14, 15 e 17.

-Día 5 de maio de 1999.

Concello de Noia:

A partir das 11 horas, predios números: 19, 21, 22, 25 e 26.

A partir das 12 horas, predios números: 27, 33, 36, 37 e 40.

-Día 6 de maio de 1999.

Concello de Ames:

A partir das 11.30 horas, predios números: 551-A, 552-A, 553-A e 556-A.

A partir das 12 horas, predios números: 557-A, 558-A, 560-A, 561-A e 563-A.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir o Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña