Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica denominada L.A.T. a 132 kV Monseibán-Vilalba II de interconexión cos parques eólicos de Lugo.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Desarrollos Eólicos, S.A.

Domicilio social: Avda. Buhaira nº 2, 41018 Sevilla.

Denominación: L.A.T. a 132 kV Monseibán-Vilalba II, de interconexión cos parques eólicos de Lugo.

Situación: Vilalba (Lugo).

Descricións técnicas: L.A.T. aérea a 132 kV de 13,219 km de lonxitude en conductor LA-280 sobre apoios metálicos. Orixe: subestación parque eólico Monseibán. Fin: subestación Vilalba II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 9 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo