Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Madeira. Oirán (Mondoñedo).
Situación: Mondoñedo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Madeira de 112 metros a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T. de intemperie de Madeira de 160 kVA de potencia en relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Madeira de 620 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 23 de febreiro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo