Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/6-2, 5086 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Martul (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: C.T. de caseta de Martul de 100 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Martul de 2.265 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo