Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/157-2, 5063 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. e enlace con R.B.T. en Leiras. Montouto (Abadín).

Situación: Abadín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Montouto de 10 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. aérea o C.T. de Leiras de 1.278 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T. de intemperie de Montouto de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. C.T. de intemperie de Leiras de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aéreas en Montouto e Leiras a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. para enlace coas redes existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo