Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.548

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos para a provisión da praza 98/080 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos convocado por Resolución do 18 de decembro de 1998 (BOE do 30 de xaneiro de 1999).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 30 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións navais.

Praza nº: 98/080.

Comisión titular:

Presidente: Vicente Vázquez, Ramón de, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Juan García Aguado, José María de, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Ruiz Barrachina, Manuel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

González Linares, Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Valencia Bernal, Francisco, catedrático de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Comisión suplente:

Presidente: Casanova Rivas, Enrique, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Ayerbe Mora, José María de, catedrático de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Vocais:

Casares Córdoba, Emilio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Fernández González, Francisco, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Polo Sánchez, Gerardo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.