Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999 pola que se convoca unha xornada de estudio sobre a Constitución e a paz.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas a esta pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, unha xornada de estudio sobre a Constitución e a paz, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Reflexionar sobre os contornos xeopolíticos da paz e do conflicto nos momentos de cambio de século. Debater sobre as causas do mantemento de conflictos nos escenarios do mundo desenvolvido e do que está en vías de desenvolvemento. Discutir sobre as políticas de paz e a súa relación coa educación, coa

economía e coa cultura. Debater sobre a achega histórica da Constitución de 1978 á consecución da paz civil en España.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-O constitucionalismo democrático e os límites da xuridificación do conflicto político.

-Política para a paz, paz para a política.

-Os cidadáns e a paz: a paz como preocupación social.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Horario: mañá.

Lugar e datas: a xornada convocada terá lugar na aula nº 5 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) o día 26 de abril de 1999.

5. Inscrición.

Prazo: remata o luns, día 26 de abril de 1999.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

Número de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando o día 23 de abril, por teléfono, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate desta xornada, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente á mesma, cando a súa asistencia sexa igual ou superior

ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública