Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 7 de abril de 1999 pola que se fixa o prezo de venda de distintas publicacións da Consellería de Medio Ambiente.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia no seu artigo 6º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo I.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

3. Os lugares de venda serán, ademais das librerías actuais, os que figuran no anexo II.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Carteis divulgativos dos espacios naturais protexidos de Galicia.

PVP por cartel: 300 ptas.

Carteis divulgativos das especies piscícolas de Galicia.

PVP por cartel: 300 ptas.

Cartel divulgativo da degradación e recuperación dun río.

PVP por cartel: 300 ptas.

Cartel divulgativo das distintas especies existentes nos ríos galegos.

PVP por cartel: 300 ptas.

Insignias de espacios naturais protexidos de Galicia e de recursos naturais de Galicia.

PVP por insignia: 300 ptas.

Senda Botánica do Parque Natural do Monte Aloia.

PVP: 500 ptas.

ANEXO II

Lugares de venda de publicacións da Consellería de Medio Ambiente

Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral Galego. (Cielga), no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Ribeira (A Coruña).

Centro de Interpretación do Parque Natural das Illas Cíes. Vigo (Pontevedra).

Centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia. Tui. (Pontevedra).

Centro de Información do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (Ourense).