Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 24 de marzo de 1999 de adscrición funcional de determinado persoal nas unidades de atención temperá.

O Decreto 69/1998, do 26 de febreiro (Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo), regulador da aten

ción temperá a discapacitados na Comunidade Autónoma de Galicia, faculta a esta consellería para adopta-las medidas necesarias para o seu desenvolvemento e execución.

O dito decreto adscribiu ás novas unidades de atención temperá que se fosen creando as funcións, persoal e medios materiais que viñeran prestando asistencia en atención temperá.

Anticipándose á dita norma pero en concordancia con ela, constituíronse e veñen funcionando regularmente as novas unidades de atención temperá dos complexos hospitalarios da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Consecuentemente con todo o anterior, e en uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O persoal procedente da Dirección Xeral de Servicios Sociais relacionado no anexo, queda adscrito á nova Unidade de Atención Temperá con sede no complexo hospitalario de referencia da súa área de saúde, tal e como se indica nel.

Artigo 2º

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais correspondente dará as instruccións precisas para a adscrición funcional do persoal relacionado no anexo ás novas unidades de atención temperá.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de persoal que presta asistencia en atención temperá con dependencia da Dirección Xeral de Servicios Sociais e que queda adscrito funcionalmente ás novas unidades de atención temperá:

* Hospital Arquitecto Marcide-Novoa Santos:

Código postoPersoalPostoProvisión

SA.C99.30.101.15350.010Pedro Alfonso Dopico DoceFisioterapeutaFixo

SA.C99.30.101.15350.012Xoana Mª Balado FernándezPsicomotricistaFixo

SA.C99.30.101.15350.014Rosario Cagiao MíguezLogopedaFixo

* Hospital Xeral-Calde:

Código postoPersoalPostoProvisión

SA.C99.10.000.27001.231Almudena Míguez CorbeiraFisioterapeutaTemporal

SA.C99.10.000.27001.234Mª Julia Campo DomínguezPsicomotricistaFixo

SA.C99.10.000.27001.237Mª Esther Alonso LafuenteLogopedaFixo

* Complexo Hospitalario Cristal-Piñor:

Código postoPersoalPostoProvisión

SA.C99.10.000.32001.233Mª Luisa Pendas SánchezPsicomotricistaFixo

* Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela:

Código postoPersoalPostoProvisión

SA.C99.10.000.15001.235Mª Concepción Rodríguez GarcíaLogopedaFixo