Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 681/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º.d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretaria a Ángeles San Martín Outeiral, posto base grupo B, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo

recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta

de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 9 de marzo de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Multa

máxima

681/1998Fernando Fernández Gil35.310.474r/ San Pedro de Mezonzo, 46, baixo

Santiago de Compostela

Cafe Bar Tazzmanía23 f)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

De 50.001 ata 5.000.000 de ptas.