Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 61/1999 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de

iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

máxima

Luis Vázquez Rodríguez78780992LU-E 61/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Suafonte, 31, BurelaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

José Rouco Río e Eduardo Fdez. Hermida33316769

33341349

LU-E 62/199926 e) LO 1/1992Avda. Terra Cha, VilalbaAta 50.000 ptas.

Ramón González Freire34261921LU-E 47/199926 e) LO 1/1992R/ Reboredo, 37-3º,

Monforte de Lemos

Ata 50.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27206416LU-E 50/199926 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

Minimal Pub, S.L.B-27219690LU-E 60/199926 e) LO 1/1992R/ Galicia, 9, LugoAta 50.000 ptas.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretario a xefa de Negociado Inés Docando Casanova, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

En caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro).

Lugo, 8 de marzo de 1999.

P.D. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo