Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do P.I. Coneto, número 4880.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que a empresa mercantil Aprovechamiento de Recursos Naturais de Galicia, S.L. con domicilio en r/ Florentino Delgado Gurriarán, 17-3º D, O Barco de Valdeorras, Ourense, presentou nesta delegación provincial o 21 de decembro de 1998, instancia-solicitude do P.I. Coneto nº 4880 de 36 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, no

concello de Viana do Bolo (Ourense) e que lle correspondeu o nº 4880 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice 17º 02' 00''42º 12' 00''

Vértice 27º 02' 00''42º 10' 00''

Vértice 37º 00' 00''42º 10' 00''

Vértice 47º 00' 00''42º 12' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial, pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 4 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense