Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a organización de varias actividades de promoción da lingua galega.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licita

dores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00), faise público:

1. Obxecto: organización das seguintes actividades para a promoción da lingua galega:

a) VIII Concurso Galego de Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal, correspondente ó ano 1999.

b) Campaña de Radio Escolar do ano 1999.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 19.500.000 ptas., IVE incluído.

4. Garantía provisional: 390.000 ptas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8.Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística