Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 3 de marzo de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para ter coñecemento do

trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 10 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 92 da Lei 30/1992, paralizarase o expediente e transcorridos tres meses producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas.

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

SOLICITANTEDNINº EXPTE.

DUARTE TERÁN, ANA LUCÍA32.704.0011884/I/98

ESTRADA RAMOS, FLORA32.254.1961754/J/98

FERNÁNDEZ SALAZAR, RAMÓN11.581.1141484/J/98

FERRIO MOUZO, EUGENIO32.273.9271297/J/98

GIL LESTA, JUAN JOSÉ32.758.1241932/I/98

LAGO CORGO, ANTONIO32.154.9891327/J/98

LORENZO PEDREIRA, JOSÉ MANUEL34.899.2851638/I/98

MÉNDEZ SEIJIDO, EMILIA ENCARNACIÓN32.675.2111477/I/98

MOLL SEQUEIRA, DAGOBERTO37.946.0241759/J/98

PAZOS FERREIRO, JOSÉ44.815.7801282/J/98

PÉREZ MÉNDEZ, MARÍA FELICITAS76.407.0631591/I/98

PÉREZ RODRÍGUEZ, DOLORES44.815.7791283/J/98

RODRÍGUEZ DOPICO, DANIEL ALFONSO32.684.9661444/I/98

SAAVEDRA SEIJAS, JESÚS33.618.3702088/I/98

SALAZAR FERREDUELA, CONCEPCIÓN11.695.9251761/I/98