Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a publicación das relacións definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional.

Por Resolución do 17 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, publicáronse as listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, regulado na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 30 de outubro de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228, do 24 de novembro de 1998.

Transcorrido o prazo indicado na citada resolución e examinadas as reclamacións presentadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional.

Estas listaxes estarán expostas nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1999.

José Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación