Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999 pola que se convocan unhas xornadas sobre racismo e xenofobia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun

has xornadas sobre racismo e xenofobia, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros das forzas e corpos de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 150.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 28 de abril 1999.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 6 e 7 de maio de 1999.

O horario será en xornada de mañá (9.30 h-14 h) e tarde (16.30 h-20 h) o día 6, e en sesión de mañá o día 7.

Contido.

Nas xornadas desenvolveranse entre outros os seguintes temas: 1. Lexislación española no ámbito da loita contra o racismo e a xenofobia. 2. Aspectos sociolóxicos do racismo e xenofobia, etc.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 30 de abril de 1999 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nelas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de marzo de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade