Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.414

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 91/1999, do 25 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu

artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2048/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe aca

dar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais

e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativas ó título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas, regulado polo Real decreto 2048/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No Pazo de Mariñán (Bergondo), vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: animación de actividades físicas e deportivas.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Ensinar e dinamizar xogos, actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos, e actividades de acondicionamento físico básico, adaptándoos ás características do medio e ás dos participantes, conseguindo a satisfacción do usuario e un nivel competitivo de calidade, nos límites de gasto previsto.

Este técnico actuará, se é o caso, baixo a supervisión xeral de licenciados e/ou diplomados especialistas nos ámbitos da súa intervención.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Concreta-los obxectivos, os contidos, os medios, os métodos, a temporalización e a avaliación das actividades, en función da programación xeral, as características dos participantes e do medio e, se é o caso, as directrices recibidas.

* Ensina-las técnicas propias das actividades utilizando os equipos e o material apropiados, demostrando os movementos e corrixindo os erros de execución dos participantes.

* Manterse informado sobre as últimas achegas técnicas ou científicas relacionadas co seu traballo, co fin de incorpora-las novas técnicas e tendencias, e utiliza-los novos equipos e materiais do sector.

* Aplicar técnicas propias do seu traballo para optimiza-la prestación do servicio, segundo criterios de eficacia, seguridade e relevancia, conseguindo satisface-las expectativas do cliente.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con serenidade e celeridade os sinais de alarma e aplicando os medios de seguridade establecidos.

* Resolve-las continxencias que se presenten en relación ás persoas, ás instalacións e ós equipos ou materiais, consultando as decisións cando as repercusións superan o seu ámbito de actuación.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Posuír unha visión global e integrada do proceso de prestación do servicio, comprendendo a función das instalacións e equipos e as dimensións técnicas, organizativas, económicas e humanas do seu traballo.

* Dirixir e asesorar individuos ou grupos na realización de actividades físico-deportivas de carácter recreativo garantindo as condicións de seguridade.

* Dinamiza-las actividades de forma que resulten atractivas e motivadoras e fomenten nos participantes a adherencia ó programa.

* Organizar e dirixi-lo traballo doutros técnicos de nivel inferior axustándose, se é o caso, ás directrices recibidas.

* Comunicarse e actuar de maneira coordinada con todas aquelas seccións ou departamentos que incidan na prestación do servicio co fin de logra-los obxectivos previstos.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ós cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na súa actividade profesional.

* Manter relacións fluídas cos membros do equipo de traballo no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas, cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante fronte ás ideas dos compañeiros e subordinados.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle as capacidades de autonomía en:

* Elaboración e avaliación do plano de traballo e das sesións a partir da programación xeral.

* Información a clientes/usuarios sobre aspectos relacionados coa práctica de actividades físico-deportivas concernidas.

* Selección de fontes de información para o seu traballo diario e/ou formación continuada.

* Adaptación das diferentes actividades ás características do medio e dos usuarios.

* Concreción de programas individualizados.

* Organización e execución da actividade en condicións de seguridade.

-Ensino e animación das actividades concernidas.

* Dinamización de grupos.

* Administración de primeiros auxilios en caso de accidente ou enfermidade.

* Organización, dirección e desenvolvemento, ó seu nivel, de eventos físico-deportivos de carácter lúdico.

2.4. Unidades de competencia:

1. Ensinar e dinamizar actividades físicas recreativas.

2. Ensinar e dinamizar xogos e actividades físico-deportivas individuais.

3. Ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas de equipo.

4. Ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas con implementos.

5. Ensinar e dinamizar actividades básicas de acondicionamento físico.

6. Organizar, planificar e xestionar unha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: ensinar e dinamizar actividades físicas recreativas:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Concretar, a partir da programación xeral, as actividades lúdicas adecuadas ás características e intereses dos usuarios e do medio onde se vaian desenvolver.* Se é o caso, séguense rigorosamente as directrices recibidas e/ou reflectidas na programación xeral.

* Confecciónase un ficheiro de xogos populares e tradicionais, predeportivos e deportes alternativos.

* Establécense para cada actividade obxectivos coherentes considerando as características e intereses dos usuarios.
* Defínense para cada actividade:

-Contidos e regras.

-Fases de desenvolvemento.
-Metodoloxía.
-Temporalización.
-Material necesario.
-Normas de seguridade.
* As actividades prográmanse tendo en conta a condición física dos individuos, os seus intereses e posibles limitacións.
* Selecciónanse metodoloxías coherentes cos principios de recreación.
* Determínanse as actividades de forma que se poidan realizar nos espacios e/ou instalacións previstos e co material dispoñible.
* Adáptanse as normas e material ás características dos participantes.
* Cando o xogo o requira, prevese un quecemento e un período de recuperación.
* Establécense programas alternativos que dean solucións ás posibles continxencias en relación ás persoas, ós recursos materiais e ó medio.
* Prevese a forma de avalia-lo proceso e o resultado das sesións.

1.2.Garanti-la dispoñibilidade e supervisa-la posta a punto de instalacións e medios, asegurando a súa idoneidade, seguridade e, se é o caso, os valores correctos dos parámetros de uso.* Realízanse as xestións necesarias para o uso das instalacións e/ou material e compróbase a súa dispoñibilidade.

* Compróbase que o material e a instalación se atopan nas condicións previstas para a súa utilización.

* Establécense e adóptanse as medidas de seguridade necesarias para o desenvolvemento da actividade.
* Compróbase que se efectuou ou, se é o caso, se realiza o mantemento preventivo do material e se mantén o inventario ó día.
* Se é o caso, infórmase ós participantes sobre a vestimenta máis adecuada e o material persoal que deben achegar.
* Modifícanse e experiméntase cos materiais de forma que se adapten ós obxectivos da actividade.

1.3.Organizar, dirixir e dinamizar xogos utilizando convenientemente a metodoloxía de animación, de maneira que resulten seguros e satisfactorios para os participantes.* A información que se lles transmite ós usuarios sobre o material, a indumentaria e os complementos máis adecuados ás súas necesidades e ó seu nivel de execución, así como dos aspectos relativos ó seu uso e conservación é completa, clara, precisa e adecuada ás súas características.

RealizaciónsCriterios de realización

* Recíbense e despídense os participantes de forma activa e estimuladora cara á actividade procurando a desinhibición dos compoñentes do grupo.
* Os grupos, espacios e tarefas organízanse de modo que se potencie a máxima participación de todos e se respecten os intereses individuais.
* Contrólase e diríxese o grupo durante a realización da actividade, dando as indicacións oportunas en cada momento.
* O técnico sitúase no lugar máis adecuado en cada momento para dirixi-la actividade.
* Téñense en conta os intereses e/ou dificultades dos participantes na realización da actividade e a comunicación establécese de forma clara e motivadora.
* Motívanse os participantes para que manifesten as súas opinións en relación á actividade.
* Soluciónanse as continxencias que se presentan en relación ó material, ó medio e ás persoas.
* Garántese a seguridade e aplícanse primeiros auxilios no caso necesario.
* Realízase a actividade de acordo co programado adaptando o nivel de intensidade e dificultade ás características dos participantes.
* Ó dinamiza-las sesións promóvese unha interacción social positiva entre os participantes.
* A dinámica da actividade resulta satisfactoria para os participantes.
* Séguense en todo momento as normas de réxime interno das instalacións e a conducta do grupo é respectuosa con elas e co material.
* A comunicación cos usuarios é fluída e eficaz e reforza neles a súa autovaloración positiva.

1.4.Ensina-las normas e a forma de execución dos xogos, adaptándoos en función das súas características, dos participantes e da propia Comunidade Autónoma.* Individualízase o ensino tendo en conta a condición física, o nivel de execución e os intereses de cada usuario.

* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.

* Explícanse de forma clara e comprensible para todo o grupo os obxectivos da sesión e os diferentes xogos.
* Explícanse, utilizando a didáctica conveniente, as normas de cada xogo, adaptándoas se fose preciso.
* O técnico demostra os xogos persoalmente e/ou utilizando outros recursos.
* A situación do técnico permite que todo o grupo poida segui-las súas indicacións sen dificultade.
* Compróbase que a demostración foi comprendida por todo o grupo.
* Utilízase o material de forma creativa, adaptándoo ás características dos usuarios e ós obxectivos do ensino.
* Compróbase o bo funcionamento do material e a súa adecuación ás características físicas do individuo e ó seu nivel de destreza.
* Detéctanse e corríxense convenientemente os erros de execución.
* Infórmase os participantes dos progresos e erros.
* Avalíase a evolución da execución, o grao de desfrute e a participación na actividade.

1.5.Organizar, desenvolver e dirixir, ó seu nivel, competicións, concursos e eventos lúdico-deportivos.* Tramítase a documentación necesaria para a participación no evento e o uso das instalacións.
* Prevese que a instalación estea equipada convenientemente en función do evento que se organiza e que o material se atope nas condicións adecuadas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Se é o caso, xestiónase a participación doutras persoas na organización e desenvolvemento do evento e compróbase a súa presencia.
* Organízanse os equipos, horarios e cerimonias, e prevense os trofeos.
* As normas modifícanse e adáptanse ás características dos usuarios e ós obxectivos do acontecemento, de forma que resulten motivadoras.
* Compróbase a presencia de tódolos participantes.
* Infórmase sobre as normas que rexerán o acontecemento.
* Garántese a seguridade e aplícanse primeiros auxilios no caso necesario.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Equipos informáticos. Medios e equipos de oficina. Instalacións convencionais e non convencionais: piscinas de recreo, praias, terrazas, parques, espacios amplos cubertos ó aire libre, polideportivos, ximnasios, ludotecas, etc.

-Materiais empregados:

Material de xogos e actividades predeportivas. Material deportivo convencional e alternativo. Material empregado na montaxe de escenarios. Megafonía. Material informático e material de oficina.

-Resultados do traballo:

Baterías e ficheiros de xogos. Dirección, control e ensinanza dos xogos. Motivación e animación dos usuarios. Organización e realización de acontecementos lúdico-deportivos. Programación da actividade lúdica para desenvolver. Identificación das características psicosociais das persoas que van participar na actividade. Preparación do material e das instalacións ou o medio onde se desenvolven as actividades. A programación de acontecementos lúdico-deportivos (regulamentos da competición, distribución de instalacións, designacións de árbitros, calendarios de competición, etc). Avaliación das actividades. Memorias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de programación. Métodos de avaliación. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de animación. Dinámica de grupos. Técnicas de comunicación. Metodoloxía lúdica. Xogos de expresión. Xogos sensoriais. Xogos motores. Xogos populares e/ou tradicionais. Deportes tradicionais. Xogos predeportivos. Deportes alternativos. Control e seguimento da actividade.

-Información:

Documentación técnica de equipos e materiais. Protocolos de actuación en primeiros auxilios. Cuestionarios para o cliente. Informes e datos dos usuarios. Programación da actividade. Memorias. Ficheiro de xogos. Baterías de xogos. Información turística xeral. Normativa de espectáculos. Normativa de seguridade. Bibliografía específica de consulta.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Entidades públicas ou privadas de servicios deportivos, turísticos, recreativos ou sociais. Distribuidoras ou axencias de viaxes. Clientes ou grupos particulares. Grupos organizados. Clubs ou asociacións deportivo-recreativas.

2.5.2. Unidade de competencia 2: ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas individuais:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Programar actividades físico-deportivas individuais adecuadas ás características e necesidades dun grupo de usuarios a partir da programación xeral.* Se é o caso, séguense rigorosamente as directrices recibidas e/ou reflectidas na programación xeral.

* As actividades concrétanse tendo en conta a condición física dos individuos, os seus intereses e posibles limitacións.

* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Tendo en conta os condicionantes elíxense os estilos de ensino e/ou animación máis adecuados para os obxectivos que se quere conseguir e, se é o caso, determínanse as estratexias máis convenientes.
* Determínanse os exercicios de forma que se poidan realizar nas instalacións e co material dispoñible.
* Determínanse as progresións de aprendizaxe tendo en conta a posibilidade de asimilación, a variedade e a progresión na dificultade.
* Prevese un quecemento e un período de recuperación.
* A duración e a curva de intensidade de cada unha das fases responde ós obxectivos planeados e ós parámetros recomendados.
* Establécense programas alternativos que dean solucións a posibles continxencias en relación coas persoas e recursos materiais.
* O material necesario para cada unha das sesións determínase tendo en conta os obxectivos previstos, as decisións metodolóxicas adoptadas e as características dos individuos.
* As actividades de ensino distribúense e temporalízanse tendo en conta o tempo necesario para a consecución dos obxectivos, así como a frecuencia mínima que garanta unha aprendizaxe significativa.
* Prevese a forma de avalia-lo proceso e o resultado das sesións.

2.2.Garanti-la dispoñibilidade e supervisa-la posta a punto de instalacións e medios, asegurando a súa idoneidade, seguridade e, se é o caso, os valores correctos dos parámetros de uso.* Realízanse as xestións necesarias para o uso das instalacións e/ou material e compróbase a súa dispoñibilidade.

* Compróbase que o material e a instalación se atopa nas condicións previstas para a súa utilización.

* Establécense e adóptanse as medidas de seguridade necesarias para o desenvolvemento da actividade.
* Compróbase que se efectuou ou, se é o caso, se efectúa o mantemento preventivo do material e se mantén o inventario ó día.
* Se é o caso, infórmase ós participantes sobre a vestimenta máis adecuada e o material persoal que deben levar.
* Modifícanse e experiméntase cos materiais de forma que se adapten ós obxectivos da actividade.

2.3.Organizar, dirixir e dinamizar sesións de actividades físico-deportivas individuais utilizando a metodoloxía de animación máis adecuada.* A información que se lles transmite ós usuarios sobre o material, a indumentaria e os complementos máis adecuados ás súas necesidade e ó seu nivel de execución, así como dos aspectos relativos ó seu uso e conservación é completa, clara, precisa e adecuada ás súas características.

RealizaciónsCriterios de realización

* Recíbense e despídense os participantes de forma activa e estimuladora cara á actividade procurando a desinhibición dos compoñentes do grupo.
* Os grupos, espacios e tarefas organízanse de xeito que se potencie a máxima participación de todos e se respecten os intereses individuais.
* Contrólase e diríxese o grupo durante a realización da actividade, dando as indicacións oportunas en cada momento.
* O técnico sitúase no lugar máis adecuado en cada momento para dirixi-la actividade.
* Téñense en conta os intereses e/ou dificultades dos participantes na realización da actividade e a comunicación establécese de forma clara e motivadora.
* Motívanse os participantes para que manifesten as súas opinións en relación á actividade.
* Garántese a seguridade e aplícanse os primeiros auxilios en caso necesario.
* Realízanse as manobras de salvamento acuático cando a situación o require.
* Soluciónanse as continxencias que se presentan en relación co material, o medio e as persoas.
* Realízase a actividade de acordo co programado adaptando o nivel de intensidade e dificultade ás características dos participantes.
* Ó dinamiza-las sesións promóvese unha interacción social positiva entre os participantes.
* A dinámica das actividades resulta satisfactoria para os participantes.
* Séguense en todo momento as normas de réxime interno das instalacións e a conducta do grupo é respectuosa con elas e co material.
* A comunicación cos usuarios é fluída e eficaz e reforza neles a súa autovaloración positiva.

2.4.Ensinar actividades físico-deportivas individuais utilizando a metodoloxía didáctica máis adecuada.* Utilízanse os exercicios de asimilación e de aplicación propios do atletismo, da natación e das actividades ximnásticas, entre outros.
* Utilízanse os exercicios de aplicación e de asimilación propios das distintas fases da aprendizaxe da natación: familiarización, flotación, respiración e propulsión.
* Individualízase o ensino tendo en conta a condición física, o nivel de execución e os intereses de cada usuario.
* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Utilízanse os estilos de ensino previstos adaptándoos, se fose conveniente, á dinámica grupal.
* Explícanse de forma clara e comprensible para todo o grupo os obxectivos da sesión e os diferentes movementos técnicos e/ou consignas para provoca-la busca.
* O técnico demostra os movementos persoalmente ou utilizando outros recursos.
* Explícase ó nivel adecuado e utilizando a metodoloxía conveniente o regulamento do atletismo, da natación e das actividades ximnásticas, entre outros, adaptándoo se fose preciso.
* A situación do técnico permite que todo o grupo poida segui-las súas indicacións sen dificultade.
* Compróbase que a demostración foi comprendida por todo o grupo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Utilízase o material de forma creativa, adaptándoo ás características dos usuarios e ós obxectivos do ensino.
* Compróbase o bo funcionamento do material e a súa adecuación ás características físicas do individuo e ó seu nivel de destreza.
* Detéctanse e corríxense convenientemente os erros de execución.
* Infórmanse os participantes dos progresos e erros.
* Avalíase a evolución técnica, o grao de desfrute e a participación na actividade.
* Establécense programas alternativos que dean solución a posibles continxencias en relación coas persoas e recursos materiais.
* O material necesario para cada unha das sesións determínase tendo en conta os obxectivos previstos, as decisións metodolóxicas adoptadas e as características dos individuos.
* As actividades de ensino distribúense e temporalízanse tendo en conta o tempo necesario para a consecución dos obxectivos, así como a frecuencia mínima que garanta unha retención significativa.
* Prevese a forma de avalia-lo proceso e o resultado das sesións.

2.5.Rescatar unha persoa do medio acuático a nado, minimizando riscos, tanto para o auxiliador como para o rescatado.* Se é o caso, séguense rigorosamente as pautas de prevención e aviso para optimiza-la seguridade.

* Recoñécense nas persoas signos de ter problemas para nadar e/ou manterse a flote.

* Decídese con rapidez, tras analiza-la situación globalmente, e tendo en conta o estado da persoa en perigo de afogamento e os recursos dispoñibles, a maneira de prestarlle auxilio: lanzamento de corda, boia, flotador, etc., rescate a nado, con axuda de medios auxiliares, entre varios socorristas, etc.
* Selecciónase o lugar de entrada á auga, tendo en conta:

-A accesibilidade.

-A proximidade á persoa que se deba rescatar.
-As características da auga: profundidade, posibles correntes ou turbidez.
* A aproximación á persoa que hai que socorrer efectúase nadando a calquera estilo, pero sen perdela de vista, e accedendo a ela pola espalda.
* Tranquilízase o accidentado, transmitíndolle ánimo e seguridade e dándolle instruccións para que non dificulte o seu rescate e o facilite.
* Cando proceda, o rescatador líbrase do intento do socorrido por agarrarse a el, efectuando as zafaduras coa técnica apropiada.
* Cando proceda, o rescatador mergulla para recupera-lo accidentado e sácao á superficie sen poñerse en perigo el mesmo.
* Agárrase a persoa socorrida coa técnica adecuada, tendo en conta a técnica de remolcamento que se utilice.
* Remólcase a persoa socorrida, mantendo as súas vías respiratorias fóra da auga, coa técnica natatoria conveniente.
* Extráese da auga a persoa auxiliada, utilizando a técnica adecuada en función das súas características e das da piscina.

2.6.Aplica-los primeiros auxilios a enfermos e accidentados e coordina-lo traslado en caso necesario.* Valórase o estado de gravidade dos enfermos ou accidentados, establecendo a prioridade de atención e/ou evacuación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Aplícanse os coidados de urxencia seguindo os protocolos e pautas de actuación establecidos.
* Cando a situación o require establécese comunicación cos servicios de asistencia.
* No caso de necesidade urxente realízase a evacuación e/ou traslado do enfermo ou accidentado en condicións de seguridade e utilizando o sistema máis adecuado á lesión e nivel de gravidade.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Equipos informáticos, medios e equipos de oficina. Instalacións convencionais ou non convencionais: piscinas, independentemente da súa profundidade e forma, pistas de atletismo ou zonas de similares características, espacios polideportivos cubertos ou ó aire libre. Caixas de urxencias.

-Materiais empregados:

Todo tipo de material deportivo convencional ou non, de atletismo, natación e actividades ximnásticas, entre outros: manguitos, táboas, ganchos para a axuda á natación, mantas de auga, elementos inchables de diferentes tamaños, cámaras de aire, pelotas, aros somerxibles, conos de plástico, testemuñas, pesos, discos, xavalinas, martelos, listóns, colchóns, varandas, plinto, minitramp, etc.

-Resultados do traballo:

Ensino das actividades de atletismo, natación e ximnasia, entre outros. Motivación e animación dos usuarios. Programación, organización e realización dos acontecementos lúdico-deportivos. Programación das actividades. Identificación das características das persoas que van participar na actividade. Preparación do material e das instalacións. Avaliación das actividades. Memorias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de programación. Métodos de avaliación. Técnicas específicas de atletismo e natación, entre outros. Metodoloxía didáctica específica do atletismo, da natación e das actividades ximnásticas, entre outros. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de salvamento acuático. Técnicas de animación. Dinámica de grupos. Técnicas de comunicación.

-Información:

Documentación técnica de equipos e materiais. Protocolos de actuación en primeiros auxilios. Cuestionarios para o cliente. Informes e datos dos usuarios. «Software» aplicado á programación. Programación da actividade. Memorias. Documentos, textos, ficheiros relacionados cos contidos que se van desenvolver no atletismo, na natación e nas actividades ximnásticas, entre outros. Regulamentos do atletismo, da natación e das actividades ximnásticas, entre outros. Normativas das instalacións deportivas. Regulamento de piscinas públicas. Normativa de seguridade. Bibliografía específica de consulta.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Entidades públicas ou privadas de servicios deportivos, educativos, turísticos, recreativos ou sociais.

Distribuidoras ou axencias de viaxes. Clientes e/ou grupos particulares. Grupos organizados. Federacións deportivas. Clubes ou asociacións deportivo-recreativas. Padroados deportivos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas de equipo:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Programar actividades físico-deportivas de equipo adecuadas ás características e necesidades dun grupo de usuarios a partir da programación xeral.* Se é o caso, séguense rigorosamente as directrices recibidas e/ou reflectidas na programación xeral.

* As actividades concrétanse tendo en conta a condición física dos individuos, os seus intereses e posibles limitacións.

* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Tendo en conta os condicionantes elíxense os estilos de ensino e/ou animación máis axeitados para os obxectivos que se queren conseguir e, se é o caso, determínanse as estratexias más convenientes.
* Determínanse os exercicios de forma que se poidan realizar nas instalacións e co material dispoñible.
* Determínanse as progresións de aprendizaxe tendo en conta a posibilidade de asimilación, a variedade e a progresión na dificultade.
* Prevese un quecemento e un período de recuperación.
* A duración e a curva de intensidade de cada unha das fases responde ós obxectivos planeados e ós parámetros recomendados.
* Establécense programas alternativos que dean solución a posibles continxencias en relación ás persoas e recursos materiais.
* O material necesario para cada unha das sesións determínase tendo en conta os obxectivos previstos, as decisións metodolóxicas adoptadas e as características dos individuos.
* As actividades de ensino distribúense e temporalízanse tendo en conta o tempo necesario para a consecución dos obxectivos, así como a frecuencia mínima que garanta unha aprendizaxe significativa.
* Prevese a forma de avalia-lo proceso e o resultado das sesións.

3.2.Garanti-la dispoñibilidade e supervisa-la posta a punto de instalacións e medios, asegurando a súa idoneidade, seguridade e, se é o caso, os valores correctos dos parámetros de uso.* Realízanse as xestións necesarias para o uso das instalacións e/ou material e compróbase a súa dispoñibilidade.

* Compróbase que o material e a instalación se atopa nas condicións previstas para a súa utilización.

* Establécense e adóptanse as medidas de seguridade necesarias para o desenvolvemento da actividade.
* Compróbase que se efectuou ou, se é o caso, se realiza o mantemento preventivo do material e se mantén o inventario ó día.
* Se é o caso, infórmanse os participantes sobre a vestimenta máis adecuada e o material persoal que deben achegar.
* Modifícanse e experiméntase cos materiais de forma que se adapten ós obxectivos da actividade.

3.3.Organizar, dirixir e dinamizar sesións de actividades físico-deportivas de equipo utilizando a metodoloxía de animación máis adecuada.* A información que se lles transmite ós usuarios sobre o material, a indumentaria e os complementos máis adecuados ás súas necesidades e ó seu nivel de execución, así como dos aspectos relativos ó seu uso e conservación é completa, clara, precisa e adecuada ás súas características.

RealizaciónsCriterios de realización

* Recíbense e despídense os participantes de forma activa e estimuladora cara á actividade, procurando a desinhibición dos compoñentes do grupo.
* Os grupos, espacios e tarefas organízanse de xeito que se potencie a máxima participación de todos e se respecten os intereses individuais.
* Contrólase e diríxese o grupo durante a realización da actividade, dando as indicacións oportunas en cada momento.
* O técnico sitúase no lugar máis adecuado en cada momento para dirixi-la actividade.
* Téñense en conta os intereses e/ou dificultades dos participantes na realización da actividade e a comunicación establécese de forma clara e motivadora.
* Motívanse os participantes para que manifesten as súas opinións en relación á actividade.
* Garántese a seguridade e aplícanse os primeiros auxilios en caso necesario.
* Soluciónanse as continxencias que se presentan en relación co material, o medio e as persoas.
* Realízase a actividade de acordo co programado, adaptando o nivel de intensidade e dificultade ás características dos participantes.
* A execución das actividades promove unha interacción social positiva entre os participantes.
* Ó dinamiza-las sesións promóvese unha interacción social positiva entre os participantes.
* A dinámica da actividade resulta satisfactoria para os participantes.
* Séguense en todo momento as normas de réxime interno das instalacións e a conducta do grupo é respectuosa con elas e co material.
* A comunicación cos usuarios é fluída e eficaz e reforza neles a súa autovaloración positiva.

3.4.Ensinar actividades físico-deportivas de equipo utilizando a metodoloxía didáctica máis adecuada.* Utilízanse os exercicios de asimilación e de aplicación propios do baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros.
* Individualízase o ensino tendo en conta a condición física, o nivel de execución e os intereses de cada usuario.
* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Utilízanse os estilos de ensino e/ou animación previstos adaptándoos, se fose conveniente, á dinámica grupal.
* Explícanse de forma clara e comprensible para todo o grupo os obxectivos da sesión e os diferentes movementos técnicos e/ou consignas para provoca-la busca.
* O técnico demostra os movementos persoalmente ou utilizando outros recursos.
* Explícase ó nivel adecuado e utilizando a metodoloxía didáctica conveniente o regulamento do baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros, adaptándoo se fose preciso.
* A situación do técnico permite que todo o grupo poida segui-las súas indicacións sen dificultade.
* Compróbase que a demostración foi comprendida por todo o grupo.
* Utilízase o material de forma creativa, adaptándoo ás características dos usuarios e ós obxectivos da ensino.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase o bo funcionamento do material e a súa adecuación ás características físicas do individuo e ó seu nivel de destreza.
* Detéctanse e corríxense convenientemente os erros de execución.
* Infórmanse os participantes dos progresos e dos erros.
* Avalíase a evolución técnica, o grao de desfrute e a participación na actividade.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Equipos informáticos, medios e equipos de oficina. Instalacións convencionais ou non convencionais de baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby entre outros, espacios polideportivos cubertos ou ó aire libre.

-Materiais empregados:

Todo tipo de material deportivo convencional ou non: pelotas, balóns, porterías, canastras, taboleiros, conos de plástico, cordas, aros, redes e postes, etc.

-Resultados do traballo:

Dirección, control e ensino das actividades de baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros. Motivación e animación dos usuarios. Programación das actividades. Valoración das características das persoas que van participar na actividade. Preparación do material e das instalacións. Avaliación das actividades. Memorias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de programación. Métodos de avaliación. Técnicas específicas de baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros. Metodoloxía didáctica específica do baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de animación. Dinámica de grupos. Técnicas de comunicación.

-Información:

Documentación técnica de equipos e materiais. Protocolos de actuación en primeiros auxilios. Cuestionarios para o cliente. Informes e datos dos usuarios. Software aplicado á programación. Programación da actividade. Memorias. Documentos, textos, ficheiros relacionados cos contidos que se van desenvolver no baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros. Regulamentos do baloncesto, fútbol, voleibol, balonmán e rugby, entre outros. Normativas das instalacións deportivas. Normativa de seguridade. Bibliografía específica de consulta.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Entidades públicas ou privadas de servicios deportivos, educativos, turísticos, recreativos ou sociais. Distribuidoras ou axencias de viaxes. Clientes e/ou grupos particulares. Grupos organizados. Federacións deportivas. Clubs ou asociacións deportivo-recreativas. Padroados deportivos.

2.5.4. Unidade de competencia 4: ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas con implementos:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Programar actividades físico-deportivas con implementos, adecuadas ás características e necesidades dun grupo de usuarios a partir da programación xeral.* Se é o caso, séguense rigorosamente as directrices recibidas e/ou reflectidas na programación xeral.

* As actividades concrétanse tendo en conta a condición física dos individuos, os seus intereses e posibles limitacións.

* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Tendo en conta os condicionantes elíxense os estilos de ensino e/ou animación máis adecuados para os obxectivos que se quere conseguir e, se é o caso, determínanse as estratexias máis convenientes.
* Determínanse os exercicios de forma que se poidan realizar nas instalacións e co material dispoñible.
* Determínanse as progresións de aprendizaxe tendo en conta a posibilidade de asimilación, a variedade e a progresión en dificultade.
* Prevese un quecemento e un período de recuperación.
* A duración e a curva de intensidade de cada unha das fases responde ós obxectivos planeados e ós parámetros recomendados.
* Establécense programas alternativos que dean solucións a posibles continxencias en relación ás persoas e recursos materiais.
* O material necesario para cada unha das sesións determínase tendo en conta os obxectivos previstos, as decisións metodolóxicas adoptadas e as características dos individuos.
* As actividades de ensino distribúense e temporalízanse tendo en conta o tempo necesario para a consecución dos obxectivos, así como a frecuencia mínima que garanta unha aprendizaxe significativa.
* Prevese a forma de avalia-lo proceso e o resultado das sesións.

4.2.Garanti-la dispoñibilidade e supervisa-la posta a punto de instalacións e medios, asegurando a súa idoneidade, seguridade e, se é o caso, os valores correctos dos parámetros de uso.* Realízanse as xestións necesarias para o uso das instalacións e/ou material e compróbase a súa dispoñibilidade.

* Compróbase que o material e a instalación se atopa nas condicións previstas para a súa utilización.

* Establécense e adóptanse as medidas de seguridade necesarias para o desenvolvemento da actividade.
* Compróbase que se efectuou ou, se é o caso, se realiza o mantemento preventivo do material e se mantén o inventario ó día.
* Se é o caso, infórmanse os participantes sobre a vestimenta máis adecuada e o material persoal que deben aportar.
* Modifícanse e experiméntase cos materiais de forma que se adapten ós obxectivos da actividade.

4.3.Organizar, dirixir e dinamizar sesións de actividades físico-deportivas con implementos utilizando a metodoloxía de animación máis adecuada.* A información que se transmite ós usuarios sobre o material, a indumentaria e os complementos máis adecuados ás súas necesidades e ó seu nivel de execución, así como dos aspectos relativos ó seu uso e conservación é completa, clara, precisa e adecuada ás súas características.
* Recíbense e despídense os participantes de forma activa e estimuladora cara á actividade procurando a desinhibición dos compoñentes do grupo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os grupos, espacios e tarefas organízanse de xeito que se potencie a máxima participación de todos e se respecten os intereses individuais.
* Contrólase e diríxese o grupo durante a realización da actividade, dando as indicacións oportunas en cada momento.
* O técnico sitúase no lugar máis adecuado en cada momento para dirixi-la actividade.
* Téñense en conta os intereses e/ou dificultades dos participantes na realización da actividade e a comunicación establécese de forma clara e motivadora.
* Motívanse os participantes para que manifesten as súas opinións en relación á actividade.
* Garántese a seguridade e aplícanse os primeiros auxilios en caso necesario.
* Soluciónanse as continxencias que se presentan en relación co material, o medio e as persoas.
* Realízase a actividade de acordo co programado adaptando o nivel de intensidade e dificultade ás características dos participantes.
* Ó dinamiza-las sesións promóvese unha interacción social positiva entre os participantes.
* A dinámica da actividade resulta satisfactoria para os participantes.
* Séguense en todo momento as normas de réxime interno das instalacións e a conducta do grupo é respectuosa con elas e co material.
* A comunicación cos usuarios é fluída e eficaz e reforza neles a súa autovaloración positiva.

4.4.Ensinar actividades físico-deportivas con implementos utilizando a metodoloxía didáctica máis adecuada.* Utilízanse os exercicios de asimilación e de aplicación propios do badminton, tenis e hockey, entre outros.
* Individualízase o ensino tendo en conta a condición física, o nivel de execución e os intereses de cada usuario.
* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Explícanse de forma clara e comprensible para todo o grupo os obxectivos da sesión e os diferentes movementos técnicos e/ou consignas para provoca-la busca.
* O técnico demostra os movementos persoalmente ou utilizando outros recursos.
* Explícase ó nivel adecuado e utilizando a metodoloxía didáctica conveniente o regulamento do badminton, tenis e hockey, entre outros, adaptándoo se fose preciso.
* A situación do técnico permite que todo o grupo poida segui-las súas indicacións sen dificultade.
* Compróbase que a demostración foi comprendida por todo o grupo.
* Utilízase o material de forma creativa, adaptándoo ás características dos usuarios e ós obxectivos do ensino.
* Compróbase o bo funcionamento do material e a súa adecuación ás características físicas do individuo e ó seu nivel de destreza.
* Detéctanse e corríxense convenientemente os erros de execución.
* Infórmanse os participantes dos progresos e dos erros.
* Avalíase a evolución técnica, o grao de desfrute e a participación na actividade.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Equipos informáticos, medios e equipos de oficina. Instalacións convencionais ou non convencionais de badminton, tenis e hockey, entre outros, espacios polideportivos cubertos ou ó aire libre.

-Materiais empregados:

Todo tipo de material deportivo convencional ou non: pelotas, volantes, raquetas, redes, postes, stick, porterías, etc.

-Resultados do traballo:

Dirección, control e ensinanza das actividades de tenis, badminton e hockey, entre outros. Motivación e animación dos usuarios. Programación das actividades. Identificación das características das persoas que van participar na actividade. Preparación do material e das instalacións. Avaliación das actividades. Memorias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de programación. Métodos de avaliación. Técnicas específicas de badminton, tenis e hockey, entre outros. Metodoloxía didáctica específica do badminton, tenis e hockey, entre outros. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de animación. Dinámica de grupos. Técnicas de comunicación.

-Información:

Documentación técnica de equipos e materiais. Protocolos de actuación en primeiros auxilios. Cuestionarios para o cliente. Informes e datos dos usuarios. Software aplicado á programación. Programación da actividade. Memorias. Documentos, textos, ficheiros relacionados cos contidos que se van desenvolver no badminton, tenis e hockey, entre outros. Regulamentos do badminton, tenis e hockey, entre outros. Normativas das instalacións deportivas. Normativa de seguridade. Bibliografía específica de consulta.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Entidades públicas ou privadas de servicios deportivos, educativos, turísticos, recreativos ou sociais. Distribuidoras ou axencias de viaxes. Clientes e/ou grupos particulares. Grupos organizados. Federacións deportivas. Clubs ou asociacións deportivo-recreativas. Padroados deportivos.

2.5.5. Unidade de competencia 5: ensinar e dinamizar actividades básicas de acondicionamento físico:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Concreta-las actividades básicas de acondicionamento físico adecuadas ás características e obxectivos dun grupo de usuarios a partir da programación xeral.* Se é o caso, séguense rigorosamente as directrices recibidas e/ou reflectidas na programación xeral.

* Identifícase a condición física e motriz e as características psicosociais dos individuos.

* Concrétanse os obxectivos da actividade e de cada unha das sesións en función das características do grupo e, se é o caso, as directrices recibidas.
* Dáse prioridade ás cualidades físicas e ós niveis destas máis relacionados coa saúde.

RealizaciónsCriterios de realización

* Confecciónanse os planos de acondicionamento establecendo a carga adecuada de frecuencia, duración, volume, intensidade, recuperación, exercicios corporais e calidade de execución.
* As actividades prográmanse tendo en conta a condición física dos individuos, os seus intereses e posibles limitacións.
* Selecciónanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Tendo en conta os condicionantes elíxense os estilos de ensino e/ou animación máis adecuados para os obxectivos que se quere conseguir e, se é o caso, determínanse as estratexias máis convenientes.
* Determínanse os exercicios de forma que se poidan realizar nas instalacións e co material dispoñible.
* Determínanse as progresións de aprendizaxe e/ou adestramento tendo en conta a posibilidade de asimilación, a variedade e a progresión na dificultade.
* Prevese un quecemento e un período de recuperación.
* A duración e a curva de intensidade de cada unha das fases responde ós obxectivos planeados e ós parámetros recomendados.
* Establécense programas alternativos que dean solucións a posibles continxencias en relación ás persoas e recursos materiais.
* O material necesario para cada unha das sesións determínase tendo en conta os obxectivos previstos, as decisións metodolóxicas adoptadas e as características dos individuos.
* As actividades de ensino distribúense e temporalízanse tendo en conta o tempo necesario para a consecución dos obxectivos, así como a frecuencia mínima que garanta unha aprendizaxe significativa.
* Prevese a forma de avalia-lo proceso e o resultado das sesións.

5.2.Supervisa-la posta a punto de instalacións e medios, asegurando a súa idoneidade, seguridade e, se é o caso, os valores correctos dos parámetros de uso.* Realízanse as xestións necesarias para o uso das instalacións e/ou material e compróbase a súa dispoñibilidade.

* Compróbase que o material e a instalación se atopa nas condicións previstas para a súa utilización.

* Establécense e adóptanse as medidas de seguridade necesarias para o desenvolvemento da actividade.
* Compróbase que se efectuou ou, se é o caso, se realiza o mantemento preventivo do material e se mantén o inventario ó día.
* Se é o caso, infórmanse os participantes sobre a vestimenta máis adecuada e o material persoal que deben achegar.
* Modifícanse e experiméntase cos materiais de forma que se adapten ós obxectivos da actividade.

5.3.Organizar, dirixir e dinamizar sesións de actividades básicas de acondicionamento físico potenciando a óptima participación de cada un dos usuarios.* A información que se transmite ós usuarios sobre o material, a indumentaria e os complementos máis adecuados ás súas necesidades e ó seu nivel de execución, así como dos aspectos relativos ó seu uso e conservación é completa, clara, precisa e adecuada ás súas características.
* Recíbense e despídense os participantes de forma activa e estimuladora cara á actividade procurando a desinhibición dos compoñentes do grupo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os grupos, espacios e tarefas organízanse de xeito que se potencie a máxima participación de todos e se respecten os intereses individuais.
* Contrólase e diríxese o grupo durante a realización da actividade, dando as indicacións oportunas en cada momento.
* O técnico sitúase no lugar máis adecuado en cada momento para dirixi-la actividade.
* Téñense en conta os intereses e/ou dificultades dos participantes na realización da actividade e a comunicación establécese de forma clara e motivadora.
* Motívanse os participantes para que manifesten as súas opinións en relación á actividade.
* Garántese a seguridade e aplícanse os primeiros auxilios en caso necesario.
* Soluciónanse as continxencias que se presentan en relación co material, o medio e as persoas.
* Dáse prioridade ás cualidades físicas e ós seus niveis máis relacionados coa saúde.
* Aplícanse os planos de acondicionamento axustándose á carga adecuada establecida de frecuencia, duración, volume, intensidade, recuperación, exercicios corporais e calidade de execución.
* Realízase a actividade de acordo co programado adaptando o nivel de intensidade e dificultade ás características dos participantes.
* Ó dinamiza-las sesións promóvese unha interacción social positiva entre os participantes.
* A dinámica da actividade resulta satisfactoria para os participantes.
* Séguense en todo momento as normas de réxime interno das instalacións e a conducta do grupo é respectuosa con elas e co material.
* A comunicación cos usuarios é fluída e eficaz e reforza neles a súa autovaloración positiva.

5.4.Ensina-los exercicios básicos de desenvolvemento da condición física utilizando a metodoloxía didáctica máis adecuada.* Individualízase o ensino tendo en conta a condición física, o nivel de execución e os intereses de cada usuario.
* Utilízanse metodoloxías coherentes cos principios da recreación.
* Utilízanse os estilos de ensino e/ou animación previstos adaptándoos, se fose conveniente, á dinámica grupal.
* Explícanse de forma clara e comprensible para todo o grupo os obxectivos da sesión e os diferentes movementos técnicos e/ou consignas para provoca-la busca.
* O técnico demostra os movementos persoalmente ou utilizando outros recursos.
* A situación do técnico permite que todo o grupo poida segui-las súas indicacións sen dificultade.
* Compróbase que a demostración foi comprendida por todo o grupo.
* Utilízase o material de forma creativa, adaptándoo ás características dos usuarios e ós obxectivos da ensino.
* Compróbase o bo funcionamento do material e a súa adecuación ás características físicas do individuo e ó seu nivel de destreza.

RealizaciónsCriterios de realización

* Detéctanse e corríxense convenientemente os erros de execución.
* Infórmanse os participantes dos progresos e dos erros.
* Valórase a evolución técnica, o grao de desfrute e a participación na actividade.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Equipos informáticos. Medios e equipos de oficina. Instalacións convencionais e non convencionais: piscinas de recreo, praias, terrazas, parques, espacios amplos cubertos ou ó aire libre, polideportivos, ximnasios, etc.

-Materiais empregados:

Materiais convencionais para a medición da condición física e psicosocial. Pinza para pregues cutáneos, cinta métrica, báscula. Máquinas de resistencia, pesas, dinamómetro, plataformas de forza, colchóns, picas de madeira, indumentaria e calzado deportivo, «steps», «slides», bandas elásticas, pelotas, paos de madeira con ou sen peso, barra de soporte, espaldeiras, espellos.

-Resultados do traballo:

Identificación do nivel de condición física dos usuarios. Identificación das características psicosociais das persoas que van participar na actividade. Fichas con datos dos usuarios. Programa individualizado segundo necesidades do usuario. Programa das diferentes sesións. Dirección, control e ensino de actividades básicas de acondicionamento físico. Motivación e animación dos usuarios. Avaliación das actividades. Memorias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de medición da condición física e psicosocial. Técnicas de programación. Métodos de avaliación. Técnicas de primeiros auxilios. Dinámica de grupos. Técnicas de comunicación. Técnicas de animación. Técnicas de desenvolvemento da condición física.

-Información:

Software aplicado (medición e avaliación da condición física, programación). Documentación técnica de equipos e materiais. Protocolos de actuación en primeiros auxilios. Cuestionarios para o cliente. Fichas de historial médico. Fichas de programa. Memorias. Fichas de avaliación. Instruccións para o cliente sobre administración de test. Información para o cliente sobre o programa. Bibliografía específica de consulta. Normativa de espectáculos. Normativa de seguridade.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Entidades públicas ou privadas de servicios deportivos, turísticos, recreativos ou sociais. Distribuidoras ou axencias de viaxes. Clientes ou grupos particulares. Grupos organizados. Clubs ou asociacións deportivo-recreativas.

2.5.6. Unidade de competencia 6: organizar, planificar e xestionar unha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Obter, organizar e valora-la información necesaria para realizar estudios que permitan avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa, área, departamento do sector e/ou o establecemento de obxectivos e actividades que se poidan ofertar, aplicando os procedementos e técnicas adecuadas.* Identifícanse as necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afectan ó sector.

* Identifícanse os parámetros e as variables que afectan á decisión de implantación, ó establecemento de obxectivos e á selección das actividades que se van ofertar.

* Identifícanse e selecciónanse as fontes de información máis fiables que proporcionen datos representativos do obxecto de estudio e necesarias para a toma de decisións e funcionamento normal da empresa.

* Realízanse os trámites oportunos para a obtención de información das fontes secundarias e, se é necesario, aplícase a técnica de recollida de información para as fontes primarias que, dentro do orzamento e tempo dispoñible, proporcione as maiores vantaxes e os datos máis fiables e representativos.
* Procésase a información obtida e aplícanse as técnicas adecuadas, de maneira que permitan a súa interpretación e posterior toma de decisións.
* Detéctase a competencia e concorrencia do sector e determínanse entre outros parámetros, os segmentos de poboación ó que dirixi-los servicios, a época adecuada para ofertalos, as actividades que se van ofertar e os obxectivos xerais da empresa, área ou departamento.
* Prevense as necesidades de recursos humanos, en función das actividades que se van realizar e os obxectivos establecidos.
* Identifícanse os recursos financeiros dispoñibles e, se é o caso, as necesidades de financiamento.
* Valórase a posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determínase a composición e o investimento óptimo en inmobilizado, tendo en conta as características da actividade que se vai desenvolver, do tipo de usuarios, dos obxectivos e dos recursos financeiros dispoñibles.
* Valórase a garantía económica do desenvolvemento da actividade da empresa, en función da demanda potencial e da previsión de gastos e ingresos.
* Determínase a estructura organizativa, fixando as funcións e actividades que se deben desenvolver para acada-los obxectivos previstos.
* Elabórase un informe que, de forma estructurada e homoxénea, presente as conclusións obtidas da análise da información recollida.
* Confecciónase un arquivo documental coa información/documentación recollida, aplicando criterios de organización e facilitando o acceso a ela.
* O sistema de arquivo permite a conservación dos documentos en estado íntegro e seguro.
* Os procedementos de actualización de arquivo permiten coñece-la vixencia da documentación existente.

6.2.Determinar e xestiona-la constitución dunha pequena empresa do sector, cumprindo a lexislación vixente.* Selecciónase a forma xurídica máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos previstos e ás características da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

* Identifícase a normativa que regula a constitución e posta en marcha dunha pequena empresa do sector, establécese a documentación e os trámites necesarios e identifícanse os organismos oficiais que o xestionan.
* Realízanse as xestións necesarias para a obtención da documentación esixida pola lexislación vixente.
* Realízanse, en tempo e forma, os trámites oportunos diante dos organismos públicos para a iniciación da actividade, de acordo cos requisitos legais.

6.3.Defini-lo programa xeral de actividades de acordo cos obxectivos establecidos e os recursos dispoñibles.* Identifícase a regulamentación do sector relativa a requisitos do persoal, do material e das instalacións.

* Na programación xeral defínense:

-Os obxectivos que se pretenden alcanzar.

-As estratexias de intervención.
-As actividades que se van ofertar e a poboación obxectivo.
-As adaptacións e axudas técnicas necesarias cando a poboación obxectivo son persoas ou colectivos con necesidades especiais.
-As fases do desenvolvemento do programa.
-A temporalización das actividades, establecendo unha orde de prioridade e unha coordinación entre elas.
-A organización e os recursos humanos necesarios.
-As necesidades de espacio e recursos materiais.
-As técnicas máis relevantes e as adaptacións referidas ó colectivo e actividades a que se destina, así como os recursos necesarios.
-Os criterios de avaliación do programa.
-Os procesos de «retroalimentación».
-Os medios administrativos.
-O orzamento, consignando os recursos dispoñibles e as distintas partidas de gasto.
-Os criterios de avaliación.
* O programa xeral de actividades ofrece unha garantía económica en función da demanda prevista e os custos asociados ó desenvolvemento do programa.
* Prevense as posibles continxencias que se poidan presentar na realización do programa e as distintas solucións alternativas.
* Establécese a coordinación para a utilización de servicios complementarios, tendo en conta as características da actividade e do grupo de usuarios.
* Defínese a información xeral que deben recibi-los destinatarios das actividades.
* Determínanse os criterios para a selección do persoal, as responsabilidades de cada traballador e a modalidade de contratación idónea, en función dos obxectivos previstos e as formas de contratación máis habituais do sector.
* Prevense os recursos humanos, materiais e loxísticos de seguridade, así como a utilización, en caso necesario, de asistencia médica.
* Determínase a contratación de servicios complementarios e de seguros e tramítanse, se é o caso, os permisos necesarios.

6.4.Organizar e xestiona-los recursos humanos, materiais e económicos, optimizando a súa asignación de acordo cos obxectivos establecidos.* Establécese a distribución do traballo, a asignación de funcións e as directrices de funcionamento, tendo en conta as características dos medios dispoñibles e os coñecementos e habilidades das persoas adscritas ó programa, para optimizar e racionaliza-lo desenvolvemento da actividade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Selecciónase, se é o caso, a fonte de financiamento alleo máis adecuada ás necesidades previstas, a partir da análise da información subministrada polas entidades de crédito e realizando os cálculos oportunos.
* Xestiónase a modalidade de contratación de persoal seleccionada, en función dos obxectivos previstos e as formas de contratación máis habituais do sector.
* Supervísanse as condicións e documentación dos contratos, segundo a lexislación laboral vixente.
* Determínase a localización física dos elementos materiais, de acordo con criterios de rendibilidade e optimización na utilización deles.
* Xestiónase a compra ou utilización do material e, se é o caso, a utilización dos servicios complementarios necesarios para o desenvolvemento da actividade, de acordo coas condicións pactadas.
* Na contratación de productos/servicios, aplícanse as técnicas de negociación, tendo en conta as marxes establecidas.
* Os inventarios realízanse de acordo co procedemento e tempo establecido.
* A xestión de almacén, se é o caso, garante a dispoñibilidade de materiais e equipos en tempo e forma e cumpre a normativa de seguridade e hixiene.
* Elabórase un orzamento de acordo coas previsións de gastos e ingresos.
* Prevense as posibles continxencias que se poden presentar e as alternativas para solucionalas.

6.5.Xestionar e organiza-la documentación xerada polo desenvolvemento da actividade, aplicando procedementos administrativos, de acordo coa lexislación vixente.* Identifícase o calendario fiscal e os impostos que afectan á actividade e á renda.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais:

-Altas e baixas.

-Nóminas.

-Seguros sociais.

* Identifícase a documentación e os datos necesarios para a realización en tempo e forma das liquidacións de impostos.
* Identifícase a lexislación que regula os requisitos que debe cumpri-la documentación e os impresos de xestión administrativa.
* Elabóranse os pedidos, as facturas, as letras de cambio e os cheques e recibos, realizando os cálculos correctamente, de acordo coa lexislación vixente.
* Contrólanse as liquidacións dos gastos correntes, detectando, se é o caso, desviacións respecto ó orzamento e realizando as xestións oportunas para corrixilas.
* Compróbase que os datos que conteñen as nóminas e os documentos de cotización á seguridade social son correctos.
* Establécense coas entidades de crédito as condicións adecuadas para regula-la utilización de medios de pagamento electrónicos, domiciliación bancaria, liñas de crédito e desconto de efectos.
* Confecciónase un arquivo documental, rexistrando entradas e saídas e aplicando criterios de organización da información.

RealizaciónsCriterios de realización

6.6.Controlar e avalia-lo programa de actividades, asegurando a súa correcta execución e a calidade do servicio prestado.* Organízase o proceso de control do desenvolvemento do programa de actividades, definindo métodos para detectar rapidamente calquera anomalía, tendo en conta os indicadores previstos e medios dispoñibles, co fin de optimiza-la consecución dos obxectivos previstos.
* Valóranse, se é o caso, en termos de custos as incidencias que xurdan, establecéndose as medidas que solucionen a situación favorablemente.
* Obtense periodicamente información sobre a situación e rendibilidade do programa de actividades a través do cálculo de «ratios» específicas (obxectivos/logros, actividade/poboación obxectivo, custos/ingresos) para adoptar posibles medidas correctoras, cando as desviacións non están dentro da marxe aceptable.
* Obtense a información necesaria para coñece-lo grao de satisfacción da demanda a través de técnicas de recollida de datos, establecendo criterios de avaliación sobre:
-A adecuación da actividade á demanda/necesidade da poboación tipo.
-O cumprimento do programa e dos horarios.
-A seguridade das actividades.
-A calidade do proceso.
-A relación prezo-calidade, se procede.
* Organízase e procésase a información recollida, aplicando técnicas de arquivo, técnicas estatísticas e de tratamento informático, se é o caso, para facilita-la análise posterior dos datos.
* Analízanse as características do servicio prestado e compáranse coas necesidades dos usuarios para adoptar posibles modificacións no nivel do servicio que se adapten ás demandas da clientela.
* Elabóranse informes sobre das conclusións obtidas respecto á satisfacción dos usuarios, achegando medidas que, se é o caso, poidan optimiza-la calidade do servicio.
* Na valoración global do programa contémplanse factores relacionados co persoal, a conservación do medio, as instalacións e infraestructura, o material e a seguridade.
* Elabórase unha memoria do programa de actividades que, de forma clara, estructurada e homoxénea, recolla unha información detallada, cualitativa e cuantitativa, da realización e avaliación deste e as conclusións obtidas, presentando propostas de mellora.

6.7.Xestionar e controlar accións promocionais, de acordo co orzamento e obxectivos establecidos.* Obtense información sobre as principais características (custo, alcance xeográfico, audiencia e outras) dos soportes que se poden utilizar en cada medio publicitario.
* Determínanse os medios, soportes e duración da promoción de acordo co modelo de campaña que se pretende e o público obxectivo ó que vai dirixido.
* Selecciónase a forma publicitaria que máis se adapta ó obxectivo da acción promocional e orzamento establecido.
* Identifícase o tipo de accións promocionais do contorno para aplicar, se é o caso, as variacións oportunas nas propias.
* Realízanse os trámites oportunos, co medio seleccionado, para a contratación da acción publicitaria definida.

RealizaciónsCriterios de realización

* Calcúlase a rendibilidade que supuxo a execución da acción publicitaria, aplicando os métodos adecuados.
* Obtéñense as desviacións, comparando os logros cos obxectivos perseguidos pola acción publicitaria, en relación, principalmente, co público obxectivo e o número de usuarios reais, para adoptar, se é o caso, medidas eficaces de corrección.
* Contrólase a correcta aparición, coa frecuencia e tempo contratados, dos elementos publicitarios nos distintos medios.
* Realízase un informe que, en tempo e forma, recolla a valoración da acción publicitaria, para adoptar, cando proceda, medidas correctoras.

Dominio profesional

-Medios para o tratamento de información:

Equipos de oficina. Equipos informáticos. Programas: contornos de usuario, follas de cálculo, estatística, bases de datos, procesadores de texto, xestión administrativa, deseño gráfico.

-Principais resultados do traballo:

Constitución e posta en marcha dunha pequena empresa. Base documental con información acerca do sector e de programas de actividades. Documentación administrativa. Programa xeral de actividades. Informes de análise de contornos. Documentos de información para os destinatarios. Orzamentos elaborados. Xestión e contratación de persoal e servicios. Contrato de productos/servicios. Obtención de permisos. Enquisas de valoración. Memorias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas cuantitativas e/ou cualitativas de recollida de información. Técnicas de programación. Técnicas estatísticas básicas. Métodos de valoración da eficacia de accións promocionais. Estudios de mercado. Constitución e posta en marcha de empresas. Procesos administrativos. Técnicas de arquivo. Procedementos de planificación e xestión dunha pequena empresa. Técnicas de comunicación. Xestión e tratamento da información. Técnicas de negociación. Técnicas de avaliación. Técnicas de investigación social e de mercados.

-Información, documentación (natureza, tipos e soportes):

Información do sector e contorno. Estudios de mercado. Enquisas e valoración da demanda. Catálogos, revistas especializadas. Información económica da empresa. Información sobre financiamento alleo. Impresos oficiais. Información sobre recursos humanos, materiais e servicios a contratar. Memorias. Lexislación sobre constitución de empresas. Regulamentación do sector relativa a requisitos dos técnicos, material e instalacións. Lexislación xeral da actividade. Normativas laborais e fiscais. Documentación administrativa.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Provedores. Clientes/usuarios. Xestorías. Entidades financeiras. Organismos oficiais. Axencias comerciais. Equipos de profesionais. Entidades e empresas de esparexemento. Institucións locais. Empresas ou organismos de actividades de carácter social, cultural, deportivo ou recreativo.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

As actividades físico-deportivas van ter unha tendencia á alza debido a un conxunto de factores sociolóxicos como maior cultura xeral da poboación, aumento da atención ós aspectos sanitarios e de saúde, maior interese polo propio corpo e a imaxe, maior achegamento á natureza e un aumento do tempo libre.

A evolución tecnolóxica basearase nunha maior informatización do traballo e a incorporación de novos aparellos e materiais para as actividades físico-deportivas, sobre todo con carácter recreativo.

En canto ás tendencias de tipo organizativo é de esperar un incremento importante do asociacionismo con fins lúdicos e deportivos, como ocorre xa noutros países europeos.

Por outro lado, o fomento de políticas de deporte para todos por parte das administracións públicas, deu lugar á construcción de gran número de instalacións deportivas nos últimos anos e ó aumento do número de participantes, sobre todo, entre determinados grupos da poboación.

A necesidade de ocupalo tempo libre coa familia implicará que as empresas de servicios deportivos tendan a aumentar de tamaño diversificando a súa oferta, de modo que satisfaga as necesidades dos diferentes membros.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A aparición de novas actividades físico-deportivas e a desaparición doutras en función das modas ou tendencias do movemento esixirá que o técnico estea ó día da demanda de actividades e tenda cara a unha certa especialización.

É previsible que a dedicación deste técnico estea cada vez máis orientada á animación de todo tipo de actividades físicas lúdicas e non tanto cara ó ensino dos deportes convencionais.

Outro factor importante é a progresiva introducción de novos colectivos na práctica de actividades físico-deportivas (como por exemplo terceira idade, minusválidos, grupos marxinais, etc), o que requirirá a correspondente adaptación das actividades ás súas características.

2.6.3. Cambios na formación:

As necesidades previsibles na formación destes técnicos, que se deducen dos cambios nas actividades profesionais, pódense concretar en:

* Coñecemento das características especiais de todo tipo de colectivos.

* Dominio das novas actividades, sobre todo aquelas que incorporen material alternativo.

* Utilización de programas informatizados para a valoración da condición física e a organización de acontecementos.

A formación permanente deberá ter presente os avances sobre os efectos da actividade física na saúde e a prevención de determinadas enfermidades ou alteracións.

Por outro lado será necesaria a adquisición de coñecementos relacionados coa informática e coas linguas estranxeiras, que adquirirán gran importancia para o desenvolvemento do seu traballo en determinados ámbitos turísticos.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá a súa actividade no campo das «Actividades Físicas e Deportivas», prestando servicios de programación, animación e dirección de grupos ou usuarios na realización de actividades físico-deportivas de carácter recreativo.

Os distintos tipos de empresas e entidades onde pode desenvolve-lo seu traballo son:

* Empresas de servicios deportivos.

* Padroados deportivos ou entidades deportivas municipais.

* Clubs ou asociacións deportivas.

* Clubs ou asociacións de carácter social.

* Empresas turísticas: hoteis, campin, balnearios...

* Grandes empresas con servicios deportivos para os seus empregados.

* Centros xeriátricos ou de carácter social.

* Federacións deportivas.

* Organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deporte, etc).

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura sitúase nas funcións/subfuncións de programación, ensino, dinamización e avaliación das actividades, dirección e animación de grupos e avaliación da condición física.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen os seguintes campos:

* Animación e dinámica de grupos.

* Didáctica da actividade física.

* Valoración e desenvolvemento da condición física.

* Ciencias do comportamento.

* Anatomía funcional e fisioloxía do exercicio.

* Hixiene e primeiros auxilios.

* Técnicas de actividades físicodeportivas de atletismo, baloncesto, badminton, fútbol, natación e tenis, entre outros.

* Manexo de programas informáticos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Coa finalidade de servir de orientación enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo tipo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Promotor de actividades físico-deportivas.

* Animador de actividades físicas e deportivas.

* Coordinador de actividades polideportivas.

* Monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

-Aplicando os procedementos e os fundamentos científicos e didácticos oportunos, confeccionar e implementar programacións de ensino/animación de actividades físicodeportivas individuais, de equipo e con implementos.

-Aplicalos fundamentos científicos e didácticos que deben considerarse no ensino para optimiza-la aprendizaxe das habilidades motrices elementais específicas dos deportes individuais, de equipo e con implementos.

-Analizar e executa-las operacións necesarias para o desenvolvemento de actividades físicodeportivas individuais, de equipo e con implementos.

-Confeccionar e implementar programacións de actividades básicas de acondicionamento físico, científica e didacticamente fundamentados tendo en conta as características do público ó que se dirixen e as condicións do medio onde se van desenvolver.

-Coñece-la lexislación vixente aplicable á seguridade e hixiene en ximnasios, polideportivos e piscinas, así como o procedemento que se deberá seguir en caso de diferentes sinistros, e domina-las técnicas de evacuación, rescate acuático e administración de primeiros auxilios.

-Aplica-los fundamentos teóricos xurdidos das ciencias humanas, para intervir como dinamizador de sesións de acondicionamento físicodeportivo nas que se optimicen as relacións persoais e se fomenten actitudes e hábitos favorables cara a actividades e cara á saúde.

-Caracterizar xogos de diferente tipo como recurso para optimizar aprendizaxes motrices ou dos outros ámbitos e valora-la metodoloxía lúdica en animación deportiva.

-Caracteriza-la profesión de animador de actividades físico-deportivas, contextualizándoa nos ámbitos de intervención social, lecer, recreación e turísticos.

-Verifica-la calidade da actividade realizada, confrontando os resultados obtidos cos resultados previstos, e interpreta-la información proporcionada polos clientes e por outros medios establecidos, identificando as causas ou motivos das posibles desviacións respecto ó previsto, introducindo as correccións oportunas co fin de que se consigan os obxectivos marcados.

-Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona as actividades profesionais da recreación deportiva, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia diante das continxencias que poidan presentarse.

-Establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir correctamente información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións no contorno de traballo como nas relacións cos clientes.

-Utilizar e buscar fontes de información e formación relacionadas co exercicio da profesión que posibiliten o coñecemento e a inserción no sector das actividades físicas e/ou deportivas e a evolución e adaptación das capacidades profesionais propias ós cambios tecnolóxicos e organizativos que se producirán ó longo de toda a vida activa.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: xogos e actividades físicas recreativas para animación:

Asociado á unidade de competencia 1: ensinar e dinamizar xogos e actividades físicas recreativas.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la contribución dos xogos á animación con actividades físico-recreativas, indicando a súa relación co deporte e describindo os seus diferentes tipos, clasificacións e características.

* Correlaciona-los distintos tipos de xogos cos obxectivos ós que contribúen e os requirimentos de execución, indicando os máis axeitados ós diferentes segmentos de poboación.

* Diferencia-las posibilidades do xogo como recurso metodolóxico para traballar determinados contidos e como contido propio das actividades físicas e/ou deportivas.

* Identifica-la metodoloxía propia dos xogos xustificando o seu uso na animación.

* Argumenta-la importancia do compoñente lúdico no desenvolvemento e equilibrio da persoa e mostrar predisposición positiva cara á metodoloxía lúdica.

* Elaborar un programa de xogos que se adapte ás características, intereses e necesidades dos participantes.

* Crear un ficheiro de xogos utilizando diferentes clasificacións e un modelo de ficha que recolla as

características, aplicabilidade e desenvolvemento dos distintos xogos e caracterizalos diferentes xogos sensoriais e motores.

* Seleccionar e secuencia-los xogos, estimando os medios necesarios e xustificando a adecuación do programa ós intereses, necesidades e posibilidades dos participantes.

* Selecciona-los eventos nos que poidan participa-los usuarios, explicando o proceso de ensino e determinando os factores que permitan deduci-la consecución dos obxectivos previstos.

* Dirixir e dinamizar diferentes tipos de xogos de xeito desinhibido.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

* Presentación, demostración e desenvolvemento práctico de xogos de distintos tipos:

-Cooperativos.

-Sensoriais.

-De expresión.

-Populares e tradicionais.

-Predeportivos.

-Deportes alternativos.

-Outros tipos de xogos.

* Utilización do material.

* Elaboración de programas de actividades físico-recreativas para os distintos tipos de instalacións e colectivos.

* Práctica de xogos para persoas con discapacidades.

Contidos conceptuais

* Conceptos xerais sobre o xogo:

-Concepto de xogo.

-Orixe e funcións do xogo.

-Xogo e etapas evolutivas.

-O xogo como elemento dinamizador.

* Clasificación dos xogos segundo:

-Aspectos do desenvolvemento que estimula.

-Accións motriz predominante.

-Cualidade física que se vai desenvolver.

-Grao de directividade ou normatividade.

-Fins de aplicación.

-Etapas evolutivas.

-Material empregado.

-Espacio físico ou medio onde se desenvolve.

* Os xogos populares e tradicionais da Comunidade Autónoma de Galicia. Características e variedades.

-A chave.

-Os bolos.

-A billarda.

-O trompo.

-Outros xogos populares e tradicionais galegos.

* O técnico como animador de xogos.

* Tipos de instalacións:

-Características.

-Programa de actividades segundo o tipo de instalación.

* Os eventos recreativo-deportivos:

-Tipos de acontecementos.

-Sistemas de xogo e competición.

-Actos protocolarios.

-Normas e regulamento.

-Persoal e funcións.

-Documentación e publicidade.

Contidos actitudinais

* Valoración do talante lúdico das actividades deportivorecreativas e a súa importancia no desenvolvemento psicomotor, cognoscitivo, afectivo, social e no equilibrio da persoa.

* Actitude positiva cara á metodoloxía lúdica.

* Esforzo por recuperar e desenvolve-los xogos propios da Comunidade Autónoma.

* Valoración da importancia do técnico na animación das actividades físico recreativas e asunción do seu papel nelas.

* Aceptación e respecto polas normas e regulamento dos distintos xogos.

3.2.2. Módulo profesional 2: actividades físicodeportivas individuais:

Asociado á unidade de competencia 2: ensinar e dinamizar xogos e actividades físico-deportivas individuais.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la complexidade, a dificultade e as técnicas de execución máis eficaces para a resolución das diferentes tarefas motrices do atletismo, ximnasia e natación, entre outros, describindo as fases de execución dos diferentes movementos técnicos.

* Enumerar e describi-los exercicios de acondicionamento físico, tarefas para o desenvolvemento das habilidades básicas e específicas e xogos xerais e predeportivos que se poidan aplicar ás actividades físicodeportivas individuais.

* Indicar e caracterizalos parámetros que deben considerarse para avalia-lo nivel de desenvolvemento motor, destreza, condición física e motivación, recoñecendo os distintos niveis de cada un deles nas actividades físico-deportivas individuais.

* Elaborar programas de ensino-animación de actividades físico-deportivas individuais para grupos de persoas dunhas características dadas.

* Indica-los recursos que se poden utilizar para motiva-la persoa ou grupo participante e dar soporte ó proceso de ensino/aprendizaxe do atletismo, natación e ximnasia.

* Demostra-la forma de execución dos diferentes movementos técnicos, indicando os erros de execución máis frecuentes a partir dun modelo biomecanicamente óptimo das distintas actividades deportivas individuais.

* Describi-las situacións de risco que se poden presentar no desenvolvemento das actividades deportivas individuais indicando as axudas necesarias.

* Avalia-lo proceso de ensino-aprendizaxe das actividades físicodeportivas individuais indicando tódolos parámetros que hai que ter en conta: obxectivos, actitude fronte ó grupo, contido, posición do animador...

* Interpretar correctamente as regras básicas dos deportes individuais, xustificando as posibles adaptacións destes ás necesidades dos usuarios.

* Defini-las características do material específico, auxiliar e alternativo e as instalacións necesarias.

-Contidos (duración 210 horas).

Contidos procedementais

-Introducción ás actividades físico-deportivas individuais:

* Procedementos para o acondicionamento físico utilizando tarefas propias do deporte individual.

* Planificación e utilización dos deportes individuais con fins recreativos.

* Utilización do material e instalacións.

* Utilización de espacios abertos.

-Natación:

* Adaptación ó medio acuático.

-Progresións da aprendizaxe en: familiarización, flotacións, respiracións e propulsións.

* Aplicación dos diferentes estilos de natación:

-Técnicas básicas dos estilos.

-Progresións e exercicios.

-Correccións.

* Utilización do material e instalacións.

* Práctica das actividades acuáticas para persoas con discapacidades: progresións, exercicios...

* Prácticas de xogos de animación acuática.

-Atletismo:

* Metodoloxía de iniciación ó atletismo.

* Técnicas básicas das carreiras, saltos e lanzamentos: exercicios de aplicación e asimilación, progresións, xogos predeportivos e aproveitamento lúdico.

* Práctica do atletismo e adaptacións para persoas con minusvalidez.

-Actividades ximnásticas:

* Progresións metodolóxicas de aprendizaxe ós diferentes elementos de actividades ximnásticas.

* Utilización das axudas nas distintas progresións.

* Práctica das modalidades de ximnasia con e sen aparellos.

Contidos conceptuais

-Introducción ás actividades físicodeportivas individuais:

* Deporte. Actividade física e xogos.

* Clasificación do deporte. Deporte individual.

* Deportes individuais e recreación.

* Instalacións e material.

-Natación:

* A adaptación ó medio acuático:

-Familiarización, respiración, flotación e propulsión.

* Os diferentes estilos de natación:

-Crol, de costas, bolboreta e braza.

* Regulamento dos distintos estilos e probas.

* Instalacións e materiais: características.

* As actividades acuáticas para persoas con discapacidades: modalidades, regulamento, instalacións e materiais.

* Animación acuática.

-Atletismo:

* Fundamentos básicos do atletismo: carreiras, saltos e lanzamentos.

* Regulamentos das distintas modalidades e competicións.

* Instalacións e materiais: características.

* Atletismo para persoas con discapacidades: regras, modalidades, instalacións e material.

-Actividades ximnásticas:

* Concepto de ximnasia e actividades ximnásticas.

* As modalidades de ximnasia: ximnasia deportiva e rítmica.

* Regulamento das probas de ximnasia.

* Instalacións e materiais: características.

* As actividades ximnásticas para persoas con discapacidades: regulamento, modalidades, instalacións e materiais.

* A expresión aplicada ás actividades ximnásticas.

* A ximnasia de mantemento.

Contidos actitudinais

-Introducción ás actividades físico-deportivas individuais:

* Respecto polo medio onde se practican as actividades físico-deportivas individuais.

* Valoración do aspecto recreativo das actividades físico-deportivas individuais.

* Valoración das actividades individuais como medio de promoción da saúde.

* Respecto polo regulamento das distintas actividades físico-deportivas individuais.

-Natación:

* Valoración das distintas actividades acuáticas como fonte e mellora da saúde.

* Aceptación e respecto polas normas de utilización das piscinas e outros medios acuáticos.

* Valoración das actividades recreativas no medio acuático.

* Toma de conciencia sobre a importancia da técnica correcta dos estilos.

* Valoración da participación nas actividades acuáticas como forma de integración social.

-Atletismo:

* Valoración da práctica do atletismo para a mellora da saúde.

* Actitude de autoesixencia e superación dos límites do propio corpo.

-Actividades ximnásticas:

* Toma de conciencia sobre a importancia das axudas correctas nas actividades ximnásticas.

* Aceptación e respecto polas progresións metodolóxicas ás actividades ximnásticas.

* Responsabilidade na utilización dos distintos aparellos das actividades ximnásticas.

3.2.3. Módulo profesional 3: actividades físicodeportivas de equipo:

Asociado á unidade de competencia 3: ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas de equipo.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la complexidade, dificultade e as técnicas de execución máis eficaces para a resolución das diferentes tarefas motrices, así como os fundamentos tácticos do fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán e rugby, describindo as fases de execución dos diferentes movementos técnicos.

* Enumerar e describi-los exercicios de acondicionamento físico, tarefas para o desenvolvemento das habelencias básicas e específicas e xogos xerais e predeportivos que se poidan aplicar ás actividades físico-deportivas de equipo.

* Indicar e caracteriza-los parámetros que deben considerarse para avalia-lo nivel de desenvolvemento motor, destreza, condición física e motivación, recoñecendo os distintos niveis de cada un deles nas actividades físico-deportivas de equipo.

* Elaborar programas de ensino-animación de actividades físico-deportivas de equipo para grupos de persoas dunhas características dadas.

* Indica-los recursos que se poden utilizar para motiva-la persoa ou grupo participante e dar soporte ó proceso de ensino-aprendizaxe do fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán e rugby.

* Demostra-la forma de execución dos diferentes movementos técnicos, indicando os erros de execución máis frecuentes a partir dun modelo biomecanicamente óptimo das distintas actividades deportivas de equipo.

* Describi-las situacións de risco que se poden presentar no desenvolvemento das actividades deportivas de equipo indicando as axudas necesarias.

* Avalia-lo proceso de ensino-aprendizaxe das actividades físico-deportivas de equipo indicando tódolos parámetros que hai que ter en conta: obxectivos, actitude fronte ó grupo, contido, posición do animador...

* Interpretar correctamente as regras básicas dos deportes individuais, xustificando as posibles adaptacións destes ás necesidades dos usuarios.

* Defini-las características do material específico, auxiliar e alternativo e as instalacións necesarias para a realización de actividades físico-deportivas de equipo.

-Contidos (duración 255 horas).

Contidos procedementais

-Introducción ás actividades físicodeportivas de equipo:

* Planificación e utilización dos deportes de equipo con fins recreativos.

* Utilización do material e instalacións dos deportes de equipo.

* Procedementos para o acondicionamento físico utilizando xogos que demanden habilidades xerais e específicas propias dos deportes de equipo.

-Deportes de equipo: fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán e rugby:

* Metodoloxía da iniciación ós deportes de equipo.

* Técnica individual e colectiva básica dos diferentes deportes de equipo.

-Progresións.

-Aproveitamento lúdico.

* Táctica.

-Ensino e aprendizaxe da táctica a través do xogo.

-Progresións na dificultade das distintas situacións tácticas que hai que resolver.

-Xogo modificado.

* Utilización do material e instalacións dos deportes de equipo.

* Práctica dos deportes de equipo e modificacións para persoas con discapacidades.

* Práctica dos deportes de equipo como actividade recreativa.

Contidos conceptuais

-Introducción ás actividades físico-deportivas de equipo:

* Deporte. Actividade física e xogo.

* Clasificación do deporte. Deportes de equipo.

* Deportes de equipo e recreación.

* Instalacións e materiais.

-Deportes de equipo: fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán e rugby:

* Fundamentos técnico-tácticos dos deportes de equipo.

* Regulamento, instalacións e material dos deportes de equipo.

* Outras modalidades dos deportes de equipo:

-Fútbol-sala.

-Fútbol de sete.

-Mini-basket.

-Mini-volei.

-Volei-praia.

* Deportes de equipo para persoas con discapacidades: regras, modalidades, instalacións e material.

Contidos actitudinais

* Respecto polo medio onde se practican os deportes de equipo.

* Aceptación das normas contidas no regulamento dos distintos deportes e actividades de equipo.

* Valoración do ámbito recreativo das actividades físico deportivas de equipo.

* Valoración dos aspectos socioeducativos dos deportes de equipo.

* Respecto polas normas de convivencia na práctica dos deportes de equipo.

* Valoración da práctica dos deportes de equipo como fonte de mellora da saúde.

* Valoración e respecto polos regulamentos e polas normas de utilización das instalacións onde se practican os deportes de equipo.

* Toma de conciencia das posibilidades recreativas dos deportes de equipo.

* Valoración da importancia da técnica para a mellora do deporte.

* Valoración da práctica dos deportes de equipo como forma de integración social.

3.2.4. Módulo profesional 4: actividades físicodeportivas con implementos:

Asociado á unidade de competencia 4: ensinar e dinamizar actividades físico-deportivas con implementos.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la complexidade, dificultade e as técnicas de execución máis eficaces para a resolución das diferentes tarefas motrices do tenis, badminton e hóckey, describindo as fases de execución dos diferentes movementos técnicos.

* Enumerar e describi-los exercicios de acondicionamento físico, tarefas para o desenvolvemento das habelencias básicas e específicas e xogos xerais e predeportivos que se poidan aplicar ás actividades físico-deportivas con implementos.

* Indicar e caracteriza-los parámetros que deben considerarse para avalia-lo nivel de desenvolvemento motor, destreza, condición física e motivación, recoñecendo os distintos niveis de cada un deles nas actividades físico-deportivas con implementos.

* Elaborar programas de ensino-animación de actividades físico-deportivas con implementos para grupos de persoas dunhas características dadas.

* Indica-los recursos que se poden utilizar para motivala persoa ou grupo participante e dar soporte ó proceso de ensino-aprendizaxe do tenis, badminton e hockey.

* Demostra-la forma de execución dos diferentes movementos técnicos, indicando os erros de execución máis frecuentes a partir dun modelo biomecanicamente óptimo das distintas actividades deportivas con implementos.

* Describi-las situacións de risco que se poden presentar no desenvolvemento das actividades deportivas con implementos.

* Avalia-lo proceso de ensino-aprendizaxe das actividades físico-deportivas con implementos indicando tódolos parámetros que hai que ter en conta: obxectivos, actitude fronte ó grupo, contido, posición do animador...

* Interpretar correctamente as regras básicas dos deportes con implementos, xustificando as posibles adaptacións destes ás necesidades dos usuarios.

* Defini-las características do material específico, auxiliar e alternativo e as instalacións necesarias para a realización de actividades físico-deportivas con implementos.

-Contidos (duración 160 horas).

Contidos procedementais

-Introducción ás actividades físicodeportivas con implementos:

* Planificación e utilización dos deportes con implementos con fins recreativos.

* Utilización do material e instalacións dos deportes con implementos.

* Procedementos para o acondicionamento físico utilizando xogos que demanden habilidades xerais e específicas propias dos deportes con implementos.

* Aplicación do acondicionamento físico elemental ós deportes con implementos

-Deportes con implementos: tenis, badminton e hóckey:

* Metodoloxía da iniciación ós deportes con implementos.

* Técnica individual e colectiva básica dos deportes con implementos.

-Progresións.

-Aproveitamento lúdico.

* Táctica dos deportes con implementos.

-Ensino e aprendizaxe da táctica a través do xogo.

-Progresións na dificultade das distintas situacións tácticas que hai que resolver.

-Xogo modificado.

* Utilización do material e instalacións.

* Práctica dos deportes con implementos e modificacións para persoas con discapacidades.

* Práctica do badminton, do tenis e do hóckey como actividades recreativas.

Contidos conceptuais

-Introducción ás actividades físico-deportivas con implementos:

* Deporte. Actividade física e xogo.

* Clasificación do deporte. Deportes con implementos.

* Deportes con implementos e recreación.

* Instalacións e materiais.

* Aspectos comúns ós deportes con implementos: individuais, parellas ou colectivos.

-Deportes con implementos: tenis, badminton e hóckey:

* Regulamentos dos distintos deportes con implementos e das distintas modalidades: parellas, dobres...

* Fundamentos técnico-tácticos dos deportes con implementos.

* Mini-tenis.

* Modalidades de hóckey.

* Regulamento, instalacións e material dos deportes con implementos.

* O badminton, o tenis e o hóckey para persoas con minusvalidez: regras, modalidades, instalacións e material.

* Outras actividades físico-deportivas con implementos.

Contidos actitudinais

* Respecto ó medio onde se practican os deportes con implementos.

* Valoración do regulamento dos distintos deportes e actividades con implementos.

* Valoración do ámbito recreativo das actividades físico deportivas con implementos.

* Valoración da práctica do badminton, do tenis e do hóckey como fonte de mellora da saúde.

* Respecto polas normas de utilización dos campos de badminton, tenis e hóckey e instalacións similares.

* Toma de conciencia das posibilidades recreativas dos deportes con implementos.

* Valoración da importancia da técnica para a mellora do deporte.

* Valoración da práctica dos deportes con implementos como forma de integración social

3.2.5. Módulo profesional 5: fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físico:

Asociado á unidade de competencia 5: ensinar e dinamizar actividades básicas de acondicionamento físico.

Capacidades terminais elementais

* Diferenciar a nivel macroscópico as estructuras anatómicas de cada un dos sistemas e aparellos do organismo humano.

* Precisa-los mecanismos de adaptación funcional ó esforzo físico dos diferentes sistemas e aparellos.

* Describi-los efectos da práctica sistematizada do exercicio físico sobre o organismo humano.

* Explica-las características fisiolóxicas que definen o desenvolvemento biolóxico na infancia, preadolescencia e vellez.

* Indica-los mecanismos fisiolóxicos que conducen a un estado de fatiga física.

* Describir a nivel macroscópico as estructuras anatómicas do aparello locomotor: ósos, músculos e articulacións.

* Clasifica-los principais movementos do corpo humano en función de planos e eixos do espacio e saber utiliza-los símbolos para representalos.

* Identifica-los diferentes tipos de contracción muscular e a forza que os produce.

* Manexa-los fundamentos de biomecánica do aparello locomotor.

* Analiza-las vantaxes e inconvenientes que para a mellora da calidade de vida ten a práctica de actividades físicas.

* Clasifica-las actividades físicas segundo o gasto enerxético e valora-la súa influencia sobre o control de peso ó relacionalo coa inxesta.

* Valora-las diferentes técnicas recuperadoras sobre o organismo, recoñecendo o método empregado en cada caso e as súas contraindicacións.

* Explica-la incidencia de determinados hábitos sobre a saúde.

* Defini-las diferentes capacidades condicionantes e coordinativas, explicando a súa evolución en función da idade.

* Describi-los diferentes métodos para o desenvolvemento das capacidades físicas e das cualidades motrices.

* Determina-las capacidades que hai que desenvolver e os métodos máis adecuados, establecendo unha secuencia correcta de exercicios, demostrando a súa execución e citando os erros máis frecuentes na súa realización.

* Enumera-los factores que hai que ter en conta para evitar lesións e sobrecargas durante o desenvolvemento das diferentes actividades físico-deportivas e indica-las contraindicacións absolutas e relativas da súa práctica.

* Enumerar e describi-lo equipamento e material tipo para o desenvolvemento da condición física e motriz e as súas aplicacións.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

* Análise do exercicio: sistemática.

-Análise mecánica do movemento.

-Análise da intervención muscular.

-Análise funcional do movemento.

* Aplicación das técnicas recuperadoras.

* Manexo e aplicación dos métodos axeitados para o desenvolvemento das capacidades condicionantes e coordinativas.

* Selección e manexo do material e equipamento axeitado para a correcta realización do acondicionamento físico.

* Planificación, organización e control do acondicionamento físico. Periodización.

Contidos conceptuais

* Estructuras e funcións orgánicas:

-Aparello locomotor: sistema óseo, sistema muscular e sistema articular.

-Aparello respiratorio.

-Aparello circulatorio: o corazón, a circulación e o sangue.

* Sistema nervioso.

* Sistema dixestivo, excretor e endócrino.

* Biomecánica do aparello locomotor. Fundamentos de estática cinemática e cinética.

* Fisioloxía do exercicio: adaptacións funcionais á actividade física.

-Adaptación cardiovascular.

-Adaptación do sistema respiratorio.

-Metabolismo enerxético: fontes de enerxía para a actividade física.

-Actividade física e metabolismo.

-Adaptación muscular. Bioquímica e biomecánica da contracción muscular.

-Adaptación do sistema nervioso e endocrino.

-Fatiga e recuperación.

* Actividade física e saúde.

-Concepto de fitness.

-Efectos da actividade física sobre a saúde.

-Contraindicacións totais ou parciais da práctica da actividade física.

-Composición corporal, balance enerxético e control de peso.

-Hixiene corporal e postural.

-Identificación das técnicas recuperadoras.

* Factores da condición física e motriz.

-Capacidades condicionantes:

-A forza: tipos.

-A resistencia: tipos.

-A velocidade: tipos.

-A flexibilidade: tipos.

-Principios xerais do desenvolvemento das capacidades condicionantes: métodos e exercicios, periodización e compoñentes do adestramento da condición física.

-Capacidades coordinativas:

-A coordinación.

-O equilibrio.

-A axilidade.

-Métodos xerais para o desenvolvemento das capacidades coordinativas.

Contidos actitudinais

* Valoración do exercicio físico como unha fonte de saúde.

* Colaboración con outros profesionais da saúde na súa promoción

* Colaboración cos colectivos de minusválidos e terceira idade na prevención de riscos durante a práctica da actividade física.

* Valoración das técnicas recuperadoras como medio de acadar unha mellora na saúde e no benestar físico en xeral.

* Aceptación práctica do acondicionamento físico como unha maneira de aproveita-lo lecer.

* Tomar conciencia da importancia dos hábitos hixiénicos e posturais na práctica das actividades físico-deportivas.

3.2.6. Módulo profesional 6: organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas:

Asociado á unidade de competencia 6: organizar, planificar e xestionar unha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

Capacidades terminais elementais

* Aplica-los procedementos e as técnicas adecuadas para a obtención e valoración da información necesaria na realización de estudios do sector referentes a pequenas empresas, organismos e colectivos.

* Analiza-los procedementos para a constitución dunha pequena empresa do sector de acordo coa lexislación vixente.

* Interpreta-la lexislación vixente que regula a posta en marcha dunha pequena empresa do sector.

* Analiza-la organización de recursos na prestación de servicios dunha pequena empresa de actividades do sector.

* Definir, analizar e precisa-las variables na xestión dunha empresa de actividades do sector.

* Precisa-las variables laborais dun empresario do sector.

* Determinar, a partir de diferentes ofertas de productos ou servicios existentes no mercado, cál delas é a máis vantaxosa en función duns parámetros dados.

* Analizar, a partir dun programa de actividades perfectamente caracterizado, a súa estructura organizativa, os seus recursos humanos e demais características.

* Analiza-los procedementos de administración básicos relativos á xestión dunha pequena empresa.

* Elabora-la documentación xerada a partir dos procedementos administrativos básicos relativos á xestión dunha pequena empresa.

* Analizar e describi-los distintos instrumentos ou medios promocionais utilizados no sector relacionándoos cos obxectivos propostos e cos destinatarios.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

* Identificación das fases dun estudio de investigación.

* Utilización das técnicas ou procedementos de obtención de información adecuados a cada caso.

* Comprobación das aplicacións da estatística á investigación social e de mercados.

* Simulación da creación dunha pequena empresa do sector.

* Manexo e aplicación de conceptos relacionados coa empresa: xestión, posta en marcha, legalización...

* Análise dos trámites e documentos necesarios para a posta en práctica da xestión e legalización dunha pequena empresa do sector.

* Realización da liquidación do IVE e do IRPF.

* Identificación das técnicas de negociación na compravenda e de atención ó cliente máis importantes nunha xestión comercial.

* Utilización dos instrumentos e métodos de control promocional máis adecuados a cada caso nas accións promocionais.

* Establecemento dos criterios e procedementos na elaboración dunha oferta de actividades.

* Establecemento dos métodos de control na valoración da calidade do servicio prestado.

* Utilización de programas informáticos de xestión de empresa e tratamento da información.

Contidos conceptuais

* A empresa e o seu contorno.

-Concepto xurídico-económico de empresa.

-Definición da actividade.

-Estructura organizativa e funcional.

-Regulación aplicable ó sector.

* A investigación social e de mercados.

-A obtención de información: observación, enquisa e cuestionario.

* A creación e legalización de pequenas empresas do sector.

-Formas xurídicas de empresa.

-Elementos patrimoniais.

-Recursos humanos, materiais e económicos.

* Regulamento das relacións laborais.

-Convenio do sector.

-Tipos de contratos laborais.

-Nóminas e seguros sociais.

* A xestión administrativa.

-Documentación administrativa.

-Libros mercantís.

* Servicios bancarios para a pequena empresa.

* Compravenda e alugamento de bens inmobles.

* Obrigas fiscais.

-Impostos máis importantes que afectan á actividade da empresa.

-Fontes de financiamento.

-Préstamos bancarios a curto e longo prazo.

-Ratios económico-financeiras do sector.

* As accións promocionais: instrumentos e métodos de control.

* A oferta xeral de actividades. Elaboración.

* A valoración da calidade do servicio prestado.

-Conceptos básicos de calidade de prestación dun servicio e o seu control.

Contidos actitudinais

* Recoñecemento e valoración da importancia de tódolos pasos que hai que seguir para a creación dunha empresa de servicio.

* Respecto pola lexislación vixente.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 7: primeiros auxilios e socorrismo acuático:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los primeiros auxilios que se deben prestar para cada tipo de lesión ou enfermidade.

* Indicar, para cada traumatismo ou lesión, a súa posible prevención, causas, síntomas e pautas de actuación.

* Describi-lo tipo de accidentes e lesións máis importantes no marco da actividade física discriminando a circunstancia de intervención ou non.

* Describi-lo contido mínimo dunha caixa de urxencias.

* Determina-las técnicas de primeiros auxilios que se deben aplicar en situacións de lesións ou accidentes.

* Aplicar técnicas de primeiros auxilios segundo protocolos establecidos en distintos supostos de simulación.

* Analiza-las posibilidades de perigo en instalacións e zonas acuáticas naturais.

* Explica-las condicións específicas que require o salvamento acuático en función do medio onde se realiza.

* Determina-la secuencia de actuación diante dun accidente acuático.

* Determinar e aplicar en situacións simuladas un salvamento acuático a unha ou a varias persoas tendo en conta as distintas técnicas, medios, materiais de apoio...

* Realizar con seguridade e eficacia os distintos tipos de remolques, utilizando as distintas presas e zafaduras no medio acuático.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

* Identificación das pautas xerais de actuación no socorrismo acuático.

* Selección, para contextos diferentes, da prevención, vixilancia e aviso en situacións simuladas de socorrismo acuático.

* Descrición das pautas de actuación nos primeiros auxilios.

* Manexo e aplicación das técnicas exploratorias básicas nos primeiros auxilios.

* Análise da priorización de urxencias diante dun caso de primeiros auxilios.

* Aplicación dos procedementos e técnicas de atención urxente nos traumatismos físicos, químicos e mecánicos.

* Simulación dunha reanimación cardiopulmonar.

* Identificación e comprobación das distintas formas de inmobilización e vendaxe máis importantes.

* Execución dos sistemas de recollida e transporte de accidentados.

* Recoñecer e aplicar, en situación simuladas, as pautas de actuación dun salvamento acuático.

* Experimentación das distintas formas de entrada, achegamento e saída da auga cun accidentado.

* Diferenciación e comprobación das distintas técnicas de presas, zafaduras e sistemas de remolque nun salvamento acuático.

* Manexo e aplicación do material de seguridade e salvamento en distintas zonas acuáticas.

* Experimentación das distintas técnicas de natación utilizadas no salvamento acuático con e sen útiles auxiliares.

* Prácticas de salvamento e socorrismo acuático para persoas con discapacidades.

Contidos conceptuais

* Socorrismo acuático.

-Concepto e obxectivos.

-Pautas xerais de actuación.

* Primeiros auxilios.

-Concepto e obxectivos.

-Traumatismos mecánicos: contusións, feridas, hemorraxias, lesións do aparello locomotor, lesións craniais e da columna vertebral.

-Traumatismos físicos producidos por calor, frío e electricidade.

-Traumatismos químicos.

-Alteracións da consciencia.

-Inmobilización e vendaxe.

-Sistemas de recollida e transporte de accidentados.

-A reanimación cardiopulmonar.

-A caixa de urxencias: instrumentos, materiais de cura e fármacos básicos.

* Salvamento acuático.

-Concepto e obxectivos.

-Distintas formas de entrada na auga e achegamento ó accidentado.

-Agarres e zafaduras.

-Os distintos tipos de remolque.

-As técnicas de natación.

-Salvamento nas distintas instalacións acuáticas.

-Material de seguridade e salvamento: aletas, chalecos, cintos, arneses, boias, flotadores, lanchas, botes...

-O rescate acuático.

* O salvamento e o socorrismo como actividade deportiva.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia do salvamento e socorrismo no mundo da actividade física e fóra deste como medio de conservación da vida.

* Respecto pola figura do socorrista e colaboración con el na prevención dos distintos accidentes.

* Toma de conciencia da importancia dos primeiros auxilios no caso de accidente.

3.3.2. Módulo profesional 8: animación e dinámica de grupos:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características fundamentais das diferentes etapas do desenvolvemento humano co fin de adecua-las programacións e estratexias de animación e dinámica de grupo.

* Analiza-la influencia dos factores sociolóxicos nas conductas específicas de diferentes colectivos.

* Identifica-los diferentes contextos nos que se pode desenvolve-la animación sociocultural, para elaborar programas de intervanción axeitados ás características dun determinado grupo.

* Caracterizar intervencións socioculturais que permitan contextualizar actuacións que resolvan situacións no ámbito da educación para o tempo libre e o ocio.

* Caracterizar intervencións socioculturais que permitan contextualizar actuacións que resolvan situacións problemáticas derivadas da sociedade actual.

* Analizar proxectos de animación de grupos en función da tipoloxía e dos seus obxectivos co fin de elaborar propostas axeitadas a un grupo ou colectivo concretos.

* Aplicar en situacións simuladas distintas técnicas de dinámica de grupos e procedementos de animación.

* Identifica-los diferentes elementos e estratexias empregadas segundo a etapa educativa para conseguir unha boa comunicación.

* Identifica-las interferencias que poden dificulta-la comprensión da mensaxe e propoñer un programa alternativo valorando a súa eficacia na animación e dinámica de grupos.

* Seleccionar e deseñar diferentes recursos comunicativos tendo en conta as características do medio no que se van aplicar, a finalidade e os recursos económicos dispoñibles.

* Utiliza-las técnicas de comunicuación verbal e xestual adecuadas a unha etapa educativa contextualizando a actuación pola tipoloxía do grupo e os obxectivos propostos.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-A animación como educación non formal:

* Busca, selección e análise de bibliografía relacionada co ámbito da animación.

* Comparación da situación da animación á infancia en Galicia e nos países do noso contorno.

* Comparación da lexislación sobre animación sociocultural de Galicia coa dos países do noso contorno.

-Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación:

* Análise das principais características da personalidade humana.

* Identificación das características comúns e das peculiaridades psicolóxicas de determinados colectivos.

* Identificación dos diferentes papeis que xogan as persoas que integran un grupo.

* Emprego axeitado de técnicas sociométricas.

-Proceso e métodos de intervención:

* Identificación das diferentes fases do proceso de planificación social.

* Análise de planos de intervención social.

-O proxecto de animación:

* Realización de proxectos de animación en función dos contextos específicos.

* Avaliación de proxectos de animación

* Utilización dos recursos axeitados en cada unha das fases da elaboración dun proxecto.

* Planificación de reunións de traballo.

* Dirección de reunións de traballo.

-O animador: modelos e situacións de traballo:

* Identificación das diferentes situacións nas que pode desenvolve-lo seu traballo o animador sociocultural.

* Elaboración de propostas de intervención para as diferentes situacións nas que pode desenvolve-lo seu traballo.

* Avaliación de propostas de traballo para a animación sociocultural.

-Dinámica e dinamización de grupos:

* Selección da técnica de animación de grupos axeitada en función das características deles.

* Aplicación correcta de diferentes técnicas de animación de grupos.

* Emprego axeitado de cuestionarios e técnicas de observación do funcionamento en grupo.

* Aplicación correcta de diferentes técnicas de resolución de conflictos en función das diferentes situacións de partida.

* Utilización de recursos gráficos e audiovisuais para a transmisión de información complementaria a unha actividade.

* Identificación das interferencias que dificultan a comprensión dunha mensaxe.

Contidos conceptuais

-A animación como educación non formal:

* A animación sociocultural. Obxectivos e modalidades.

* Antecedentes históricos da animación sociocultural.

* Situación da animación sociocultural en Galicia e nos países do noso contorno.

* Lexislación específica sobre a animación sociocultural no noso país.

* O educador infantil como axente de animación.

-Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación:

* A personalidade. A súa implicación na animación.

* A motivación.

* A formación de actitudes.

* Socioloxía do lecer e do tempo libre.

* Individuo e grupo.

* Tipos de grupos.

* Distribucións de funcións dentro dos grupos.

* Técnicas de análise sociométrica.

-Proceso e métodos de intervención:

* Diferentes fases do proceso de planificación social: planos, programas e proxectos.

* Diferentes esquemas de planificación da intervención social.

-O proxecto de animación:

* Elementos na elaboración do proxecto.

* As reunións de traballo: elementos da súa planificación e desenvolvemento.

-O animador: modelos e situacións de traballo:

* Diferentes modelos de animador sociocultural.

* A intervención do animador no marco da educación social.

* A formación do animador sociocultural.

* Diferentes situacións de traballo do animador sociocultural.

-Dinámica e dinamización de grupos:

* Diferentes técnicas de animación de grupos:

* Diferentes técnicas de resolución de conflictos.

* Principais técnicas de transmisión de información a grupos.

Contidos actitudinais

-A animación como educación non formal:

* Interese polo mundo da animación sociocultural.

* Valoración dos programas de animación sociocultural como un progreso social.

-Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación:

* Valoración do contexto social como propiciador de diferentes necesidades socio-educativas.

* Interese polos aspectos psicolóxicos e sociolóxicos relacionados coa animación.

-Proceso e métodos de intervención:

* Capacidade de cooperación e de traballo en equipo.

* Curiosidade polo coñecemento de procesos e métodos de intervención social.

-O proxecto de animación:

* Valoración da planificación como condición fundamental do éxito das reunións.

* Actitude positiva cara ó traballo en grupo.

* Actitude de respecto ante as opinións diferentes.

-O animador: modelos e situacións de traballo:

* Valoración da especificidade das propostas de intervención para unha maior efectividade delas.

* Interese polo coñecemento de diferentes situacións de traballo do animador social.

-Dinámica e dinamización de grupos:

* Sensibilidade para a intervención en grupos sociais.

* Interese polos aspectos relacionados coa dinámica e dinamización de grupos.

* Valoración da importancia do coñecemento da dinámica e a dinamización de grupos como fundamental para o traballo con diferentes colectivos sociais.

3.3.3. Módulo profesional 9: metodoloxía didáctica das actividades físicodeportivas:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la complexidade de execución dos diferentes tipos de tarefas motrices, describindo os mecanismos que interveñen no seu proceso de realización, e os factores que máis inflúen na súa dificultade.

* Identifica-los factores que, na percepción, toma de decisións e/ou execución, dificultan a realización ou a aprendizaxe das diferentes tarefas motrices.

* Elaborar un perfil de dificultade dunha serie de tarefas motrices significativas a partir do que se propoñan progresións de ensino e estratexias que optimicen a aprendizaxe.

* Coñece-lo proceso de programación, expoñendo as directrices para: asignar actividades a cada un dos obxectivos propostos, secuenciar e temporaliza-las actividades do programa, selecciona-los métodos e procedementos a empregar e os recursos e materiais a utilizar e avaliar finalmente o proceso e o producto do programa.

* Concretar programas de actividades físico-deportivas a partir de datos que identifiquen as características e intereses dos usuarios, marcando os obxectivos do programa, actividades que se van desenvolver, temporalización, metodoloxía, materiais e recursos didácticos e o procedemento de avaliación.

* Analiza-lo proceso de ensino-animación de actividades físico-deportivas nun suposto no que se identifiquen os usuarios, a actividade, os obxectivos, as instalacións e o material.

* Xustifica-las decisións adoptadas para solventa-las continxencias nun suposto práctico, debidamente identificado, dunha sesión de ensino-animación.

* Analizar e levar a cabo o proceso de avaliación do ensino-aprendizaxe de actividades físico-deportivas.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

* Deseño do proxecto e programas: a programación das actividades.

-Interpretación de programacións e directrices de maior rango e alcance.

-Procedementos para a concreción de programacións.

-Definición de obxectivos.

-Organización de unidades e sesións.

-Formulación de contidos, actividades de ensino-aprendizaxe, prácticas e tarefas.

* Organización de actividades.

-Identificación das características dos grupos de usuarios/participantes.

-Selección, adecuación e coordinación de espacios.

-Utilización e disposición do material: o deseño de contornos de práctica.

* Experimentación da metodoloxía de ensino-animación.

* Deseño e execución dun proceso de avaliación para un programa de ensino-animación.

* Confección de memorias.

Contidos conceptuais

* Análise das accións motoras.

-Mecanismos que interveñen na acción motriz.

-Dificultade da tarefa motriz.

* Fundamentos da aprendizaxe motora aplicados ó ensino de actividades físico-deportivas.

-Proceso básico de adquisición da habilidade motriz.

-Procedementos para optimiza-la aprendizaxe motriz.

-As condicións de práctica.

-As tarefas motrices xogadas.

-Papel da aprendizaxe na recreación deportiva.

-Conceptos básicos de programación na ensino-animación das actividades físico-deportivas.

* Metodoloxía da ensino-animación.

-Métodos, técnicas, estilos, estratexias e recursos.

-Estilos de ensino que facilitan a recreación e a socialización: estilos didácticos e animación.

-Execución da actividade.

-A interacción animador-participante.

-Situación e desprazamento do profesor e do grupo.

* Fundamentos de avaliación e control.

-Aspectos elementais de avaliación de programas de animación.

-Control da actividade polo animador.

-Control básico do desenvolvemento da actividade autónoma e dirixida.

-Control de participación.

-Control da continxencia e previsión de incidencias.

-Control do uso da instalación, o seu equipamento e material.

-Avaliación das aprendizaxes.

-O proceso de avaliación das aprendizaxes.

-Medidas correctoras da aprendizaxe.

-Probas e tests de execución.

-A observación.

-Rexistro e tratamento de datos.

Contidos actitudinais

* Aceptación do papel dinamizador no control das sesións de actividades físicas e/ou deportivas.

* Valoración do papel de animador dentro do proceso de ensino-aprendizaxe.

* Actitude tolerante diante da realización das tarefas motrices nun ambiente de recreación e socialización.

* Espírito crítico á hora de avalia-lo traballo realizado e rigor na concreción do proxecto e programas.

* Valoración da importancia da metodoloxía nos programas de ensino-animación de actividades físico-deportivas.

3.3.4. Módulo profesional 10: actividades físicas para persoas con discapacidades:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las características máis relevantes dos diferentes tipos de diminución enumerando os diferentes sistemas de clasificación e os criterios de valoración médico-deportiva.

* Discrimina-los casos nos que por exceder da súa competencia non debe intervir sen o asesoramento doutro profesional máis cualificado e saber realiza-la transferencia dun individuo minusválido dun lugar a outro en condicións de seguridade.

* Indica-las especificidades da adaptación dunha persoa con discapacidades á práctica de actividades físicas e as contraindicacións á práctica destas.

* Identifica-las posibilidades de movemento autónomo e/ou asistido, os coidados específicos e os riscos potenciais así como a maneira de solventa-las emerxencias que poidan xurdir, diante dun suposto informe no que se definan axeitadamente as características dunha persoa con minusvalidez física, psíquica ou sensorial.

* Sinala-los aspectos e motivacións singulares que se deben considerar na animación con minusválidos.

* Analiza-las condicións dun espacio determinado co fin de propoñer adaptacións que dean solución a posibles barreiras arquitectónicas.

* Seleccionar actividades modificando aqueles aspectos imprescindibles para que os participantes con diminucións poidan acceder a elas e precisa-lo material e escenario axeitados as súas características e posibilidades.

* Indica-las posibilidades de intervención na organización de actividades físico-deportivas adaptadas dos diferentes organismos públicos ou privados.

-Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais

* Control da hixiene e coidado específico das secuelas.

* Experimentación, manexo e mantemento do material protésico e ortésico.

* Simulación das transferencias: mobilidade e transporte das persoas con discapacidades.

* Organización de actividades físicas institucionalizadas e non institucionalizadas.

* Tramitación da documentación específica.

* Analiza-las posibilidades de participación en cada actividade ou modalidade incluída no currículo dos técnicos de actividades físicas e deportivas.

* Identificación de deportes, actividades físicorecreativas e xogos adaptados a cada minusvalidez.

* Manexo dos equipamentos e materiais necesarios e das axudas técnicas requiridas en cada situación.

Contidos conceptuais

* As discapacidades:

-Concepto e tipo de discapacidades: físico-motrices, psíquicas e sensoriais.

-Clasificacións médico-deportivas.

* Integración e normalización:

-Concepto e terminoloxía. Filosofía.

-Evolución histórica do deporte adaptado.

-Beneficios físicos, psicolóxicos e sociais da actividade física en persoas con discapacidades.

-Xogos sensibilizadores, integradores e específicos.

* Nocións médico-sanitarias da actividade física adaptada.

-Adaptación ó esforzo e contraindicacións.

-Lesións.

* Barreiras arquitectónicas.

-Lexislación estatal e autonómica.

-As clases de barreiras físicas.

-Modificacións arquitectónicas e funcionalidade dos espacios.

* Organismos e entidades a nivel autonómico, nacional e internacional.

Contidos actitudinais

* Rigor nas pautas para a optimización das relacións interpersoais.

* Valoración das características psico-afectivas das persoas con discapacidades.

* Colaboración nas axudas requiridas polas persoas con discapacidades e potenciación da súa autonomía.

* Sensibilidade á hora de establecer consignas e explicacións.

3.3.5. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración 75 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Analiza-lo contorno cara á posible implantación dunha empresa de actividades físico-deportivas.* Planificación dun método axeitado de toma de datos.

* Avaliación das necesidades do contorno.

* Análise da viabilidade da empresa, segundo o contexto no que se pretende implantar.

2.Elabora-lo deseño dunha empresa de actividades físico-deportivas, definindo as fases para a súa constitución legal.* Determinación dos requisitos legais esixidos para a constitución dunha empresa do sector.

* Planificación dos investimentos necesarios.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Análise das peculiaridades dunha empresa de actividades físico-deportivas.

3.Programa-las actividades que se desenvolverán na empresa de actividades físico-deportivas.* Descrición das características dos usuarios.

* Localización, organización e control de espacios, materiais e medios.

* Proposta, secuenciación e temporalización das actividades.
* Establecemento das medidas de prevención de riscos.
* Avaliación do proceso.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

RealizaciónsCriterios de realización

1.Concreta-la programación das actividades nas que se vai intervir en función das características e funcións da empresa-institución, seguindo as directrices do seu supervisor.* Análise das posibilidades de concreción das actividades que se poden planear como oferta da empresa no conxunto das actividades físicas e deportivas.

* Valoración das características do grupo asignado e as súas capacidades á hora de face-las programacións de actividades.

* Elaboración dun programa das actividades para desenvolver, concretando para cada sesión: obxectivos operativos, contidos, medios, métodos que garanten a consecución dos obxectivos e actividades e tarefas a desenvolver, secuenciadas e temporalizadas.

2.Dirixir e dinamizar actividades recreativas e físico-deportivas individuais, de equipo e con implementos.

* Comprobación do bo estado de uso das instalacións e material a empregar.

* Recepción dos usuarios de xeito que se sintan motivados, adecuando o comportamento ás características deles.
* Organización e dirección da sesión, de xeito ameno e divertido, corrixindo erros na execución dos exercicios, facendo demostracións se viñeran ó caso e fomentando a participación de todo o grupo.

3.Comportarse de xeito autónomo co grupo asignado e integrarse no equipo de traballo da empresa.* Solución de imprevistos, detección de signos de fatiga, aburrimento, desmotivación, etc., buscando a súa rápida solución.
* Simulación da aplicación dos primeiros auxilios e técnicas de recollida e evacuación de feridos seguindo as normas básicas de atención de urxencias.
* Participación en actividades complementarias, respectando as características e normas propias de cada entidade.
* Canalización das suxestións propostas polos usuarios e demais persoal, coordinándoas de xeito que se favoreza a participación nas actividades.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais

-Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

-Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

-Orientación e inserción socio-laboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

-Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

-Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

-Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

-Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

-Orientación e inserción socio-laboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

-Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

-Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socio-económica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición:

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

-Ter cursada calquera modalidade de bacharelato.

-O expediente académico do alumno no que se valorará a nota media.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo animación de actividades físicas e deportivas:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Xogos e actividades físicas recreativas para a animaciónEducación física

Profesor de ensino secundario

2Actividades físico-deportivas individuaisEducación física

Profesor de ensino secundario

3Actividades físico-deportivas de equipoEducación física

Profesor de ensino secundario

4Actividades físico-deportivas con implementosEducación física

Profesor de ensino secundario

5Fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físicoEducación física

Profesor de ensino secundario

6Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativasFormación e orientación laboral

Profesor de ensino secundario

7Primeiros auxilios e socorrismo acuáticoEducación física

Profesor de ensino secundario

8Animación e dinámica de gruposEducación física

Profesor de ensino secundario

9Metodoloxía didáctica das actividades físico-deportivasEducación física

Profesor de ensino secundario

10Actividades físicas para persoas con discapacidadesEducación física

Profesor de ensino secundario

11Formación e orientación laboralFormación e orientación laboral

Profesor de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Ximnasio90 m90 m20%

Pista polideportiva44x22 m44x22 m40%

Aula polivalente60 m40 m30%

Piscina (1)25 m longo25 m longo10%

(1) Espacio singular non necesariamente situado no centro docente.

-A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

-O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impar

tición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

-Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mismo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

-En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

-Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Xogos e actividades físicas recreativas.

* Actividades físico-deportivas individuais.

* Actividades físico-deportivas de equipo.

* Actividades físico-deportivas con implementos.

* Primeiros auxilios e socorrismo acuático.

* Actividades físicas para persoas con discapacidades.

* Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Xogos e actividades físicas recreativas.

* Actividades físico-deportivas individuais.

* Actividades físico-deportivas de equipo.

* Actividades físico-deportivas con implementos.

* Actividades físicas para persoas con discapacidades.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.

* Mestre (tódalas especialidades).

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en enfermería.

* Diplomado en fisioterapia.

* Diplomado en relacións laborais.

* Diplomado en traballo social.

* Diplomado en turismo.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

110Xogos e actividades físicas recreativas para a animación

210Actividades físico-deportivas individuais

160Actividades físico-deportivas con implementos

185Fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físico

110Animación e dinámica de grupos

110Metodoloxía didáctica das actividades físico-deportivas

4º, 5º e 6º trimestre

255Actividades físico-deportivas de equipo

110Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas

110Primeiros auxilios e socorrismo acuático

55Actividades físicas para persoas con discapacidades

75Proxecto integrado

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.