Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.446

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

DECRETO 92/1999, do 25 de marzo, sobre autorización e rexistro de establecementos e intermediarios do sector da alimentación animal na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño (BOE nº 149, do 23 de xuño), sobre autorización e rexistro de establecementos e intermediarios do sector da alimentación animal, incorpora ó ordenamento xurídico español a Directiva 95/69/CE, do Consello, do 22 de decembro, pola que se establecen os requisitos e normas aplicables á autorización e rexistro de determinados establecementos do sector da alimentación animal, así como a súa adaptación á Directiva 98/51/CE, do 9 de xullo de 1998.

Nesta norma, dictada ó abeiro do artigo 149.1.16ª da Constitución, que reserva ó Estado a competencia en materia de bases e coordinación xeral da Sanidade, establécese un conxunto de requisitos que deberán cumprir todos aqueles establecementos ou intermediarios que se dediquen á fabricación ou posta en circulación, respectivamente, dos productos nel recollidos.

O Real decreto 1191/1998 prevé que os establecementos que teñan a intención de fabricar ou utilizar productos que poidan presentar algún risco deban obter unha autorización previa sobre a base

de condicións estrictas que garantan non só a protección da saúde dos animais se non tamén a das persoas, así como a protección do ambiente. Non obstante, para aqueles establecementos que utilizan productos inocuos establécese a simple inscrición nun rexistro, respectando certas condicións. Esta distinción aplícase tamén ós intermediarios que envasen, empaqueten, almacenen ou poñan en circulación aditivos e premesturas ou productos recollidos na Orde do 31 de outubro de 1988.

Por outra banda, a normativa citada aplícase indistintamente tanto ós establecementos que poñen en circulación os seus productos coma ós fabricantes-gandeiros que fabrican pensos exclusivamente para as necesidades da súa gandería , establecéndose, non obstante, para estes últimos, determinados beneficios de acordo coas condicións particulares nas que exercen a súa actividade.

A Comunidade Autónoma de Galicia posúe competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería de acordo coas bases e a coordinación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11ª e 13ª da Constitución, segundo establece o artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía en relación co artigo 148.1.7 da Constitución.

Por todo iso, faise necesaria a regulación das autorizacións para a realización das actividades a que se refire a norma estatal no marco territorial e competencial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos rexistros nos que deberán inscribirse aqueles establecementos ou intermediarios que realicen as actividades de fabricación, envasado, empaquetado, almacenamento ou posta en circulación dos productos recollidos na dita norma.

Na súa virtude, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Politica Agroalimentaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na sua reunión do día vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente decreto establece os requisitos e normas aplicables ós establecementos e intermediarios do sector da alimentación animal que, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, pretendan proceder á fabricación ou comercialización de determinados productos e pensos compostos.

Artigo 2º.-Definicións.

1. Para os efectos do presente decreto, entenderase por:

a) Posta en circulación: a tenza de productos con fins de venda, incluída a oferta, ou calquera outra

forma de transferencia, gratuíta ou non, a terceiros, así como a venda e as demais maneiras de transferencia propiamente ditas.

b) Establecemento: calquera unidade adicada a producción ou fabricación de aditivos, premesturas preparadas a base de aditivos, pensos compostos ou productos dos contidos no capítulo I do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

c) Intermediario: calquera persoa, distinta do fabricante ou do gandeiro adicado á fabricación de pensos compostos, unicamente para as necesidades da súa gandería, que posúa, nunha fase comprendida entre as de producción e utilización, aditivos, premesturas preparadas a base de aditivos ou algún dos productos contidos no capítulo I do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

2. Aplicaranse na medida do necesario as definicións establecidas na lexislación nacional sobre o sector da alimentación animal.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións do presente decreto serán de aplicación a tódolos establecementos e intermediarios do sector da alimentación animal que procedan á fabricación ou comercialización dos productos, aditivos, premesturas ou pensos compostos a que se refiren os anexos I e II do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, que estean radicados e/ou desenvolvan estas actividades no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-Competencia.

A competencia para concede-las autorizacións e xestiona-los rexistros a que se refire o presente decreto correspóndelle á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que a exercerá a través da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

Capítulo II

Autorización de establecementos e intermediarios

Artigo 5º.-Autorización de establecementos.

1. Todo establecemento precisará unha autorización administrativa para proceder á fabricación e/ou para a súa posta en circulación de cada un dos seguintes grupos de productos:

a) Aditivos ou productos enumerados no capítulo I do anexo I do Real Decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

b) Premesturas elaboradas a base de aditivos recollidos no capítulo II do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

c) Pensos compostos que conteñan premesturas obtidas a partir de aditivos recollidos no capítulo III do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

d) Pensos compostos que conteñan materias primas recollidas no artigo 4.2º da orde do Ministerio de

Agricultura, Pesca e Alimentación do 11 de outubro de 1988, relativa a substancias e productos indesexables en alimentación animal.

2. Para obter esta autorización, os establecementos deberán cumpri-las condicións mínimas establecidas para cada suposto no anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

3. A fabricación dos pensos compostos a que se refiren os parágrafos c) e d) do punto 1 requirirán tamén autorización cando se destinen unicamente a satisface-las necesidades da gandería do fabricante. A dita autorización estará condicionada ó cumprimento dos requisitos recollidos nos capítulos III e IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 xuño, respectivamente, con excepción dos contidos no punto sétimo de ámbolos dous capítulos.

Artigo 6º.-Autorización de intermediarios.

1. Todo intermediario requirirá autorización administrativa para a posta en circulación dos aditivos, productos e premesturas descritos nas alíneas a) e b) do punto 1 do artigo anterior.

2. Para a obtención da dita autorización, os intermediarios deberán cumpri-las condicións establecidas no punto 7 dos capítulos I e II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, segundo se trate da posta en circulación de productos da alínea a) ou b), respectivamente.

Artigo 7º.-Solicitude das autorizaciones.

Co fin de obte-la autorización, os establecementos e intermediarios que pretendan proceder á fabricación ou comercialización dos productos descritos nos artigos 5º e 6º do presente decreto deberán presentar unha solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, conforme os modelos A, B, C, D, E, I, J ou K, segundo corresponda, que se establecen no anexo do presente decreto.

Artigo 8º.-Documentación.

A solicitude á que se refire o artigo 7º deberá acompañarse, en cada caso, da seguinte documentación:

A) Fabricación e comercialización de productos e aditivos contidos no capítulo I do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño:

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e da alta en Facenda.

-Certificado acreditativo de que as instalacións para as que necesita autorización estan inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias (no caso de fábricas de pensos simples ou compostos).

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles no sentido indicado no punto 1 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tiver. En caso negativo, nome, enderezo e teléfono da/s empresas que a realizan.

-Organigrama que reflicta o establecido no punto 2 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de documentación e rexistros segundo o recollido no punto 6 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de reclamación e retirada de productos segundo o establecido no punto 8 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe dos aditivos e/ou productos que fabrica achegando etiquetado de cada un deles.

A.1) Intermediarios a que se refire o artigo 6º do presente decreto (productos os que se refire á alínea A):

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en facenda.

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tiver. En caso negativo nome, enderezo e teléfono da/s empresas que a realizan.

-Persoal do que dispón, cualificación e funcións.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de rexistros segundo o recollido no punto 6.2 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de reclamación e retirada de productos segundo o establecido no punto 8 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe dos aditivos e/ou productos que envasa, embala, almacena e/ou pon en circulación, achegando etiquetado de cada un deles.

Ademais:

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo I do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, en caso de envasado.

B) Fabricación e comercialización de premesturas elaboradas con aditivos contidos no capítulo II do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño:

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en facenda.

-Certificado acreditativo de que as instalacións para as que necesita autorización estan inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias (no caso de fábricas de pensos simples ou compostos).

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles, no sentido indicado no punto 1 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tiver. En caso negativo nome, enderezo e teléfono da/s empresas que a realizan.

-Organigrama que reflicta o establecido no punto 2 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de documentación e rexistros segundo o recollido no punto 6 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de reclamación e retirada de productos segundo o establecido no punto 8 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe das premesturas que fabrica achegando etiquetado de cada unha delas.

B.1) Intermediarios a que se refire o artigo 6º do presente decreto (productos os que se refire a alínea B):

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en Facenda.

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tivera. En caso negativo nome, enderezo e teléfono da/s empresas que a realizan.

-Persoal do que dispón, cualificación e funcións.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de rexistros segundo o recollido no punto 6.2 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de reclamación e retirada de productos segundo o establecido no punto 8 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe das premesturas que envasa, embala, almacena e/ou pon en circulación, achegando etiquetado de cada un deles.

Ademais:

-Memoria do proceso productivo indicando o reflictido no punto 3 do capítulo II do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, en caso de envasado.

C) Fabricación e comercialización de pensos compostos elaborados con premesturas baseadas en aditivos contidos no capítulo III do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño:

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en Facenda.

-Certificado acreditativo de que as instalacións para as que necesita autorización están inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias (no caso de fábricas de pensos simples ou compostos).

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles, no sentido indicado no punto 1 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tiver. En caso negativo, nome, enderezo e teléfono da/s empresas que a realizan.

-Organigrama que reflicta o establecido no punto 2 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de documentación e rexistros segundo o recollido no punto 6 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de reclamación e retirada de productos segundo o establecido no punto 7 do capítulo III do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe dos distintos tipos de pensos compostos que fabrica achegando etiquetado de cada un deles.

D) Fabricación e comercialización de pensos compostos que conteñan materias primas contempladas no artigo 4.2º da Orde de 11 de outubro de 1988, relativa a substancias e productos indesexables en alimentación animal:

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en Facenda.

-Certificado acreditativo de que as instalacións para as que necesita autorización están inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias (no caso de fabricas de pensos simples ou compostos).

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles, no sentido indicado no punto 1 do capítulo IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tivera. En caso negativo nome, enderezo e teléfono da/s empresas que a realizan.

-Organigrama que reflicta o establecido no punto 2 do capítulo IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de documentación e rexistros segundo o recollido no punto 6 do capítulo IV do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Sistema de reclamación e retirada de productos segundo o establecido en punto 7 do capítulo IV do anexo III do Real Decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe dos distintos tipos de pensos compostos que fabrica achegando etiquetado de cada un deles.

Artigo 9º.-Outorgamento de autorizacións.

1. As solicitudes presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en cualquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Unha vez verificado sobre o terreo polos servicios provinciais de Sanidade e Producción Animal o cumprimento dos requisitos esixidos no presente decreto para cada tipo de industria, o delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da provincia onde radique o establecemento ou intermediario elevará proposta de resolución ante o director xeral de Producción Agropecuaria, quen resolverá o procedente, sen prexuízo da interposición dos recursos administrativos que procedan de conformidade coa lexislación de procedemento administrativo vixente.

3. O procedemento de outorgamento das autorizacións previstas na presente orde deberá resolverse no prazo máximo de seis meses, desde que a solicitude teña entrada nalgún dos rexistros do órgano competente.

En caso de que un establecemento que fabrique un aditivo teña xa unha autorización de fabricación para a mesma substancia activa como medicamento veterinario no sentido prescrito polo Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios, haberá que se ater ó previsto no artigo 7.3º do R.d. 1191/1998.

Artigo 10º.-Privación e modificación das autorizacións.

1. A autorización será retirada nos casos de cesamento de actividade ou de incumprimento dalgunha condición esencial requirida ó establecemento ou ó intermediario para a súa actividade se non se axeita a ela no prazo de tres meses.

2. Así mesmo, procederase á modificación da autorización no caso de que o establecemento ou intermediario xustifique a capacidade necesaria para se dedicar a actividades que se engadan ou substitúan as inicialmente autorizadas.

Capítulo III

Rexistro de Establecementos e Intermediarios autorizados

Artigo 11º.-Rexistro de Establecementos e Intermediarios autorizados.

1. Créase o Rexistro de Establecementos e Intermediarios autorizados no que se inscribirán os establecementos e intermediarios radicados en Galicia que fosen autorizados de conformidade co disposto

no presente decreto, logo de verificación sobre o terreo do cumprimento das condicións establecidas nel.

2. A inscrición no devandito rexistro será un requisito imprescindible para o exercicio das actividades correspondentes.

3. O rexistro dividirase en dúas seccións:

a) Sección de establecementos: esta sección comprenderá todas aquelas inscricións de establecementos que precisan a autorización prevista no artigo 5º deste decreto. A inscrición practicarase de oficio unha vez outorgada a preceptiva autorización.

b) Sección de intermediarios: esta sección comprenderá todas aquelas inscricións de intermediarios que precisan a autorización prevista no artigo 6º deste decreto. A inscrición practicarase de oficio unha vez outorgada a preceptiva autorización.

Capítulo IV

Establecementos e intermediarios

que non precisan autorización

Artigo 12º.-Establecementos que non precisan autorización.

Sempre que se cumpran as condicións mínimas contidas no capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, non precisarán autorización os establecementos que se dediquen á fabricación dos seguintes productos:

a) Aditivos para os que se fixara un contido máximo, que non se encontren recollidos no capítulo I do anexo I do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, e que estean destinados á súa posta en circulación.

b) Premesturas que conteñan aditivos recollidos no capítulo I do anexo II do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, e que estean destinadas á súa posta en circulación.

c) Pensos compostos que conteñan aditivos recollidos no capítulo I ou premesturas de aditivos recollidos no capítulo II do anexo II do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, con independencia de que estean destinados á súa posta en circulación ou á satisfacción das necesidades da gandería do productor.

Artigo 13º.-Intermediarios que non precisan autorización.

Non precisarán autorización os intermediarios que procedan á posta en circulación dos aditivos e premesturas descritos nos parágrafos a) e b) do artigo anterior, sempre que cumpran as condicións a que se refire o punto 7 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

Capítulo V

Rexistro de Establecementos e Rexistro

de Intermediaros que non precisan autorización

Artigo 14º.-Rexistro de Establecementos que non precisan autorización.

Créase o Rexistro de Establecementos no que se inscribirán aqueles que, conforme o artigo 12º do

presente decreto, non precisan autorización. Esta inscrición será un requisito imprescindible para o exercicio das actividades correspondentes.

Artigo 15º.-Rexistro de Intermediarios que non precisan autorización.

Créase o Rexistro de Intermediarios no que se inscribirán aqueles que, conforme o artigo 13º do presente decreto, non precisan autorización. Esta inscrición será un requisito imprescindible para o exercicio das actividades correspondentes.

Artigo 16º.-Inscrición de establecementos e intermediarios que non precisan autorización.

1. Para obte-la súa inscrición no rexistro correspondente, os establecementos ou intermediarios que pretendan proceder á fabricación ou comercialización dos productos descritos nos artigos 12º e 13º do presente decreto presentarán unha solicitude dirixida á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, conforme os modelos F, G, H ou L, segundo corresponda, que se establecen no anexo do presente decreto.

2. A presentación da solicitude e o procedemento de inscrición efectuaranse na mesma forma prevista nos puntos 1 e 2 do artigo 9º do presente decreto.

Artigo 17º.-Documentación.

A solicitude á que se refire o punto 1 do artigo 16º deberá ir acompañada, en cada caso, da seguinte documentación:

A) Fabricación e comercialización de productos e aditivos contidos no anexo II do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño:

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en Facenda.

-Certificado acreditativo de que as instalacións para as que necesita autorización están inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias (no caso de fábricas de pensos simples ou compostos).

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles, no sentido indicado no punto 1 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tiver. En caso negativo nome, enderezo e teléfono da/s empresa/s que a realizan.

-Organigrama que reflicta o establecido no punto 2 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Modelo do sistema de rexistro no que se consignará a seguinte información:

*-En caso de aditivos: o establecido no punto 6-a do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

*-En caso de premesturas: o establecido no punto 6-b do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

*-En caso de pensos compostos que conteñan premesturas e aditivos: o establecido no punto 6-c do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe dos distintos tipos de aditivos e/ou premesturas e/ou pensos compostos que fabrica achegando etiquetado de cada un deles.

B) Intermediarios ós que se refire o artigo 13º do presente decreto.

-Copias compulsadas da licencia municipal de apertura e alta en Facenda.

-Planos actualizados das instalacións, con explicación deles.

-Número, copia das documentacións e do rexistro no organismo competente dos vehículos de distribución, se os tivera. En caso negativo nome, enderezo e teléfono da/s empresa/s que a realizan.

-Persoal do que dispón e funcións.

-Memoria do plan de control de calidade segundo o establecido no punto 4 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Destino das materias primas, substancias activas, soportes e productos que non se axusten ós controis de calidade.

-Memoria do sistema de almacenamento segundo o establecido no punto 5 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Modelo do sistema de rexistro no que se consignará a seguinte información:

*-En caso de aditivos: o establecido no punto 6-a do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

*-En caso de premesturas: o establecido no punto 6-b do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

*-En caso de pensos compostos que conteñan premesturas e aditivos: o establecido no punto 6-c do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

-Listaxe dos aditivos e/ou premesturas e/ou pensos compostos que envasa, embala e/ou almacena e/ou pon en circulación achegando etiquetado de cada un deles.

Ademais:

-Memoria do proceso productivo na que se indique o reflectido no punto 3 do capítulo V do anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, en caso de envasado.

Capítulo VI

Disposicións comúns ós rexistros

Artigo 18º.-Número de rexistro.

A cada inscrición que se realice en calquera dos rexistros anteriormente mencionados asignarase un número de rexistro que permita a identificación do establecemento ou intermediario correspondente, así como coñece-lo tipo de producto que fabrique ou poña en circulación.

Artigo 19º.-Actualización, cancelación e modificación das inscricións.

a) As inscricións no Rexistro de Establecementos e Intermediarios autorizados serán actualizadas de conformidade coas decisións de retirar ou modifica-las autorizacións recollidas no artigo 10º do presente decreto.

b) As inscricións nos Rexistros de Establecementos e Intermediarios que non precisan autorización serán:

-Canceladas en caso de cesamento de actividade ou se se observa que o establecemento ou o intermediario deixou de cumprir unha condición esencial requirida para a súa actividade e non se adecúa a esta esixencia no prazo de tres meses;

-Modificadas se o establecemento ou o intermediario declara dedicarse a actividades que se engadan a aquelas para as que fora inscrito a primeira vez ou que as substitúan.

Capítulo VII

Comunicacións de establecementos e intermediarios

Artigo 20º.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria remitiralle periodicamente ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación listaxes dos establecementos e intermediarios rexistrados nela durante cada exercicio.

Disposición adicional

As persoas que soliciten a inscrición dun establecemento ou intermediario nos rexistros a que se refire o presente decreto devengarán a taxa establecida polo Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións transitorias

Primeira.-As autorizacións de establecementos ou intermediarios establecidas no presente decreto entenderanse provisionais ata que se desenvolva o procedemento para a súa convalidación, co devengo da taxa que corresponda.

Segunda.-Os establecementos e intermediarios que viñeran exercendo unha ou máis actividades descritas no presente decreto, e que tiveran presentada a correspondente solicitude con anterioridade a entrada en vigor do presente decreto e ó abeiro do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, poderán continuar desenvolvéndoas ata que se resolva a súa solicitude de autorización ou inscrición, segundo corresponda.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultase o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para dictar cantas instruccións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No Pazo de Mariñán (Bergondo), vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Instruccións xerais para cubri-lo modelo de solicitude:

1. Cubri-la solicitude de acordo coa actividade, dirixíndoa á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

2. Se o establecemento realiza máis dunha actividade (p.e., fábrica de premesturas e de pensos compostos) deberá cubrirse unha solicitude para cada actividade, xuntando unha memoria que recolla os requisitos mínimos que deben cumprir (anexo III do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño: instalacións, organigrama con cualificación do persoal, responsable do control de calidade, soporte informático para resolve-la documentación mencionada no punto 6 do Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, contrato de prestación de cobertura analítica cun laboratorio concertado -no caso de non posuír laboratorio propio-, etc.).

Pode servir de base a documentación achegada no seu día ó Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación para poder figurar na relación de fabricantes que incorporan aditivos sensibles (antibióticos, coccidiostáticos e outras substancias medicamentosas e factores de crecemento), actualizándoa.