Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para o deseño e a realización da campaña de extensión do uso do galego entre a comunidade educativa.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, San

tiago de Compostela, teléfono 981 45 44 00, faise público:

1. Obxecto: deseño e realización dunha campaña de extensión do uso do galego dirixida ó alumnado de educación infantil e de primero ciclo de educación primaria, coa implicación das familias e do profesorado destes niveis eduativos.

A actuación desenvolverase durante o mes de maio de 1999 e consistirá no deseño, a confección, a maquetación, a impresión e a distribución de 400.000 libors e 1.000 caixas que, coa denominación xenérica de A Maxia das Palabras. 2ª Fase, chegarán a tódolos escolares galegos que cursen estudios de educación infantil e de primeiro ciclo de educación primaria.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 19.500.000 ptas., IVE incluído.

4. Garantía provisional: 390.000 ptas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificos nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística