Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 99/2-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se

regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude.

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo social: Avda. do Cruceiro da Coruña 201-A Santiago de Compostela.

Título: parque eólico Masgalán e Campo do Coco.

Concellos afectados: Silleda, Forcarei e Lalín.

Superficie afectada: 3.737 hectáreas.

Coordenadas UTM (x, y):

V (559001, 4723000); V (562000, 4723000)

V (562000, 4722000); V (560000, 4721000)

V (560000, 4719000); V (561000, 4718000)

V (561000, 4717000); V (556000, 4717000)

V (556000, 4718000); V (557000, 4719000)

V (558000, 4718000); V (558000, 4719000)

V (557000, 4721000); V (558000, 4722500)

V (559000, 4722000); V (556000, 4717000)

V (561000, 4717000); V (562000, 4716000)

V (561500, 4715000); V (560500, 4715000)

V (559500, 4715000); V (559500, 4714500)

V(562500, 4713500); V (562000, 4712000)

V (559000, 4712000); V (558500, 4714000)

V (557500, 4716000).

Potencia que se instalará: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na rúa Eduardo Pondal, nº 64, de Pontevedra.

Pontevedra, 7 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra