Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.400

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (25/1999-1).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos de Santiago de Compostela, dou fe e certifico: que nos autos de xurisdicción voluntaria tramitados neste xulgado co número 25/1999-1, se dictou providencia do teor literal que segue:

Providencia do maxistrado-xuíz Ángel Patín Regiada.

En Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999. Visto o anterior informe da Dirección Xeral da Garda Civil, únase ós autos da súa razón. Convóquense a través de edictos os herdeiros ausentes, poñendo no seu coñecemento que se atopa no xulgado o caderno particional da herdanza de Antonio Paz Lemos e de Elisa Generosa Fernández Giáns, para que no prazo de oito días poidan comparecer e examina-las actuacións.

Pásense as actuacións para o mesmo fin ó Ministerio Fiscal en representación dos interesados ausentes.

Mándao e asínao S.Sª, do que dou fe.

E para que así conste e lles sirva de notificación ós herdeiros ausentes de Antonio Paz Lemos e de Elisa Generosa Fernández Giáns, expido a presente cédula en Santiago de Compostela a oito de abril de mil novecentos noventa e nove, do que dou fe.

Rubricado