Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.371

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de abril de 1999 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 1996 para o acceso a distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o acceso a distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V, sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron este mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro) e a do 22 de decembro de 1998 (DOG nº 19, do 29 de xaneiro). Por todo o exposto e de acordo co disposto na base V da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ás categorías 6, 11, 19, 23, 25, 27, 29 e 30 do grupo I, ás categorías 2, 6, 8, 11, 17, 20, 21, 31, 33 e 34 do grupo II, ás categorías 2, 3, 4, 5, 10, 11, 14, 16, 17, 18, 23, 26, 33, 36, 37, 39, 46, 49, 60, 61, 63, 64, 65, 69, 78, 86, 88 e 97 do grupo III, ás categorías 2, 4, 5, 6, 9, 11, 12, 16, 17, 20, 23, 24, 25 e 31 do grupo IV e ás categorías 2, 8, 9, 10 e 12 do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, o día 21 de abril de 1999 pola seguinte orde:

-Ás 9 horas o grupo IV.

-Ás 12.30 horas o grupo II.

-Ás 16 horas o grupo III.

-Ás 18 horas o grupo V.

-Ás 19.30 horas o grupo I.

Dentro de cada categoría de cada grupo terán preferencia para a elección de destino os aspirantes da quenda de promoción interna e, dentro destes, a preferencia virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

Elixido o destino polos aspirantes da quenda de promoción interna, elixirán destino os da quenda libre segundo a súa orde de prelación.

A referenciada orde de prelación dos aspirantes

e os destinos ofertados será a que figura para cada categoría no anexo desta convocatoria.

Os postos de traballo adxudicados terán a natureza de destino definitivo de acordo co disposto no artigo 7.2º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e á orde de prelación obtida nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ós aspirantes presentes ou representados, e entre os que quedaron sen adxudicar.

Os aspirantes que superasen o acceso a algunha das categorías que figuran nesta convocatoria para a elección de destino, e que estean prestando os seus servicios noutra categoría, corpo ou escala da Xunta de Galicia, elixirán destino ou, de non facelo, pasarán á situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría que superaron de acordo co artigo 26.4º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal na que conste que o interesado presta os seus servicios na actualidade.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública