Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre a notificación dos expedientes por infracción da Lei de caza: OU 40/98C e dous máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Mirian López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientes disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non efectuaren ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 19 de febreiro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 40/98C.

Denunciado: Ángel Fernández Mosquera.

DNI: 34.902.330.

Último enderezo coñecido: r/ Outeiro 7, Velle (Ourense).

Feito denunciado: cazar en terreos sometidos a réxime cinexético especial sen estar en posesión do permiso correspondente.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.27º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 pesetas de multas e un ano e un día de inhabilitación para obte-la licencia de caza.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO II

Expediente: OU 83/98C.

Denunciado: Amancio López Fariñas.

DNI: 34.428.023.

Último enderezo coñecido: r/ Couto Piñeiro 12-2º, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: estar en posesión de armas ou municións non permitidas para a modalidade de caza que se está practicando.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 27.23º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: 15.000 pesetas.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO III

Expediente: OU 131/98C.

Denunciado: Baldomero Vasallo González.

Último enderezo coñecido: Avda. de Zamora, 9-1ºA Ourense.

Feito denunciado: incumpri-las condicións da autorización para a batida.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.28º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas.

Instructora: Miriam López Areal.