Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a realización do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do concello de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: realización do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do concello de Lugo.

2.2. Prazo de execución: catro meses para a execución do traballo.

2.2.1. Un mes desde a notificación no caso de que cumpra efectuar correccións para a avaliación ambiental.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata, (160.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata, (320.000 pesetas).

6. Documentación e información.

6.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

6.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Códg. postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente