Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 544/98.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 544/98.

Acta Inf. nº 1087/98.

Empresa: Construcciones Landro, S.L.

NIF/DNI: B-15.630.296

Enderezo: Repúlica do Salvador, 32-5º C, Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificante de recepción.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

P. S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña