Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre a notificación dos expedientes por infracción da Lei de pesca OU 186/98P e tres máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientes disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 19 de febreiro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 186/98P.

Denunciado: Lino Domínguez Guerra.

DNI: 34.725.494.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Fortuny, 12 La Llagosta (Barcelona).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas e inhabilitación dun ano para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO II

Expediente: OU 203/98P.

Denunciado: José Antonio Prada Pérez.

DNI: 34.608.242.

Último enderezo coñecido: r/ Mesón, 25-Ceboliño (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas e inhabilitación dun ano para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO III

Expediente: OU 200/98P.

Denunciado: José Vázquez González.

DNI: 34.383.289.

Último enderezo coñecido: r/ Bq. Piñeiro, 9 Penarredonda (Ourense).

Feito denunciado: ceba-las augas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas e inhabilitación dun ano para obte-la licencia de pesca.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO IV

Expediente: OU 201/98P.

Denunciado: José Vázquez González.

DNI: 34.383.289.

Úlitmo enderezo coñecido: r/ Bq. Piñeiro, 9 Penarredonda (Ourense).

Feito denunciado: non repecta-las prescricións de tamaño fixadas pola consellería.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 10.000 pesetas.

Instructora: Miriam López Areal.