Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999 pola que se anuncian, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, as seguintes contratacións de obras: renovación de cuberta do almacén de Cureñas, castelo de San Felipe (Ferrol); rehabilitación dun edificio para centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade (II fase), en Redondela (Pontevedra); proxecto básico e de execución dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade (II fase), en Chapela-Redondela (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de obras:

1. Proxecto básico e de execución para as obras de renovación de cuberta do almacén de Cureñas, castelo de San Felipe (Ferrol).

Orzamento de licitación: quince millóns cincocentas catro mil duascentas dúas pesetas (15.504.202 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

2. Rehabilitación do edificio para centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade (II fase), Redondela-Pontevedra.

Orzamento de licitación: cento dezaseis millóns novecentas corenta e nove mil oitocentas cincuenta e catro pesetas (116.949.854 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría f.

3. Proxecto básico e de execución do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade (II fase), en Chapela- Redondela (Pontevedra).

Orzamento de licitación: quince millóns catrocentas cinco mil seiscentas vintesete pesetas (15.405.627 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas e os proxectos estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo