Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación da subministración de equipamento da residencia da terceira idade Nosa Señora dos Milagres (Ourense).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipamento da residencia da terceira idade Nosa Señora dos Milagres (bens de equipo e útiles e mobiliario).

b) Número de unidades: ver prego técnico.

c) División por lotes: 2 lotes.

d) Lugar de entrega: residencia da terceira idade Nosa Señora dos Milagres (r/ Bardanes. Cabeza de Vaca-Ourense).

e) Prazo de entrega: corenta (40) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: vinteún millóns catrocentas seis mil setecentas vinte pesetas (21.406.720 pesetas; 128.656,98 euros).

Lote A: 8.423.000 pesetas.

Lote B: 12.983.720 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: catrocentas vinteoito mil cento trinta e catro pesetas (428.134 pesetas; 2.573,14 euros).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais e delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77; fax: 981 54 56 63.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta-Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas (ver punto 6.b).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais