Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico denominado Careón.

Por Resolución do 8 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico denominado Careón, sendo declarada a utilidade pública, en concreto, das instalacións do devandito parque eólico por Resolución do 26 de febreiro de 1999 do conselleiro de Industria e Comercio.

A dita declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Palas de Rei, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación, implicando a afección denominada superficie no

devandito anexo a expropiación de pleno dominio, e a afección denominada voo, a imposición de servidume de paso.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará o día e e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determine o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 5 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parque eólico do Careón

Provincia: LugoConcello: Palas de Rei

PROPIETARIOSAEROXERADORESCamiños

acceso

Canalización

L.B.T./L.M.T.

LugarCultivoNome e apelidosDomicilioVoo

m

Superficie

m

Superficie

m

Superficie

m

10

Monte do Careón

Monte baixo

Casa Freixeiro

Ignorado

28

29

30

1.452

1.452

1.452

100

100

100

2.516

315

20/1AMonte do CareónMonte baixoDescoñecido22705498611

26/3Monte do CareónMonte baixoDescoñecido9311

31/2Monte do CareónMonte baixoDescoñecido8010

49/3AMonte do CareónMonte baixoDescoñecido1160635405

49/4Monte do CareónMonte baixoDescoñecido11100100

49/4BMonte do CareónMonte baixoDescoñecido100

49/4CMonte do CareónMonte baixoDescoñecido50

49/4DMonte do CareónMonte baixoDescoñecido50

100Pena VentosaMonte baixoAntonio Gabieiro ExpósitoCuíña, CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)625750324

101Pena VentosaMonte baixoAntonio Gabieiro ExpósitoCuíña, CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)6279405

112Pena VentosaMonte baixoHrdos. Ramón Cabo

Vázquez

Rpta. Manuel Cabo Valín

O Marco, nº 10-3ºA

CP: 24100 Villablino (León)

365

114Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Concepción Viña LosadaIgnorado405

117Pena VentosaMonte baixoHrdos. de José Rivas Rouco

Rpta. Jesús Norberto Campelo Rivas

Trav. Vista Alegre, nº 1 baixo C

15705 Santiago de Compostela

5317365

120Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Antonio Agra Bran

Rpta. Elena Agra Vázquez

r/ Morales, nº 35-2º-1ª

CP: 08029 Barcelona

5178365

121Pena VentosaMonte baixoAntonio Gabieiro ExpósitoCuíña, CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)405

123Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Maximino Carballo Viña

Rpta. María Carballo Ouro

Ronda de Outeiro, nº 172-2º C Der.

CP: 15007 A Coruña

405

124Pena VentosaMonte baixoDescoñecido324

127Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Carmen Rouco SomozaIgnorado324

128Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Manuel González VilariñoIgnorado243

132Pena VentosaMonte baixoHrdos. de María Fernández ViñaIgnorado648

136Pena VentosaMonte baixoHeminia Bargados DevesaAvda. de Lugo, 53

15800 Melide (A Coruña)

284

PROPIETARIOSAEROXERADORESCamiños

acceso

Canalización

L.B.T./L.M.T.

LugarCultivoNome e apelidosDomicilioVoo

m

Superficie

m

Superficie

m

Superficie

m

137Pena VentosaMonte baixoAntonio Cabo VáquezRosende-Cuíña

CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)

243

141Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Antonio Paredes VázquezIgnorado445

142Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Ángel Vizcaíno

Rpta. de José Cabo Vizacaíno

Vilamor

CP: 15809 Toques (A Coruña)

435

143Pena VentosaMonte baixoManuel Paredes Prieto e irmánCamiño de Petos, s/n

15809 Melide (A Coruña)

435

144Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Ángel Blanco GabieiroIgnorado5226

147Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Tomás Devesa Ouro

Rpta. de Rogelia Devesa Sánchez

Rosende-Cuíña

CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)

365

150Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Ramona Buján PardoIgnorado456998608

152Pena VentosaMonte baixoHrdos. Manuel SenandeIgnorado486486

153Pena VentosaMonte baixoHrdos. Manuela Freire CarballoIgnorado405

160Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Ángel Casero CaboIgnorado345170688

162Pena VentosaMonte baixoHrdos. de Manuela FreirePena

CP: 27200 Palas de Rei (Lugo)

608

165Pena VentosaMonte baixoFilomena Vázquez Mourenzar/ Molino s/n

CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)

365

177Monte de SaaMonte baixoHrdos. de José Viña Ouro

Rpta. Presentación Rúa López

Rúa Campos Novos, nº 117-1ºD

CP: 27002 Lugo

244

177/1Monte de SaaMonte baixoHrdos. de José Vizcaíno Santiso

Rpta. José Vizcaíno Peteiro

Saa-Meixide

CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)

244

179/1Monte de SaaMonte baixoAntonio Vázquez FerreiroSaa-Meixide

CP: 27208 Palas de Rei (Lugo)

162

183Monte de SaaMonte baixoHrdos. Ramona Gabieiro VilasanteIgnorado1204284