Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (45/1999).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Domingo Otero González, nos que se acordou citar por edictos o demandado, en paradoiro descoñecido, Fernando Díaz Iglesias para que o día 12 de maio, ás 9.30 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírteselle de que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, de que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer realizaranse nos estrados deste xulgado, agás as que deban revestir a forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén se lle advirte de que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante compareciencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; e de que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle

tamén que as copias da demanda e documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Así mesmo, requírese o devandito demandado para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: recibos de salario, libro de matrícula de persoal, contrato de traballo, boletíns de cotización á Seguridade Social e parte de baixa na Seguridade Social. Igualmente, cítase o representante legal do demandado para que o día sinalado compareza perante este xulgado co obxecto de prestar confesión xudicial.

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado en paradoiro descoñecido Fernando Díaz Iglesias, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1999.

O secretario

Rubricado